
Ata mañá seguen as xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, organizadas por Acisa.
Participan 19 locais hostaleiros nos que se poden degustar ata medio cento de elaboracións.
A cita, que chega á súa novena edición, ten como obxectivo dinamizar a hostalería local e render homenaxe ás veciñas e aos veciños asturianos, que cada fin de semana se achegan a Ribadeo a mercar ou a gozar da oferta gastronómica e de ocio.
Desde Acisa, coa colaboración do Concello ribadense, animan “á xente de toda a contorna a vir a Ribadeo a saborear as propostas que atoparemos na hostalería local”.















