19 PARELLAS DISFRUTARÁN MAÑÁ, SÁBADO, DAS CEAS QUE HOXE SORTEOU ACISA RIBADEO DENTRO DA SÚA CAMPAÑA DE SAN VALENTÍN.
Esta tarde tivo lugar nas instalacións de Acisa o sorteo das 19 ceas que a asociación puxo en xogo dentro da súa campaña de San Valentín. Arredor de 5.000 papeletas foron introducidas na urna das que foron extraídas as gañadoras.
As afortunadas e afortunados foron: Carolina Carbajas, de Castropol; Cristina Rodríguez, de Ribadeo; Lidia Gómez, tamén de Ribadeo; Eulogio Pardo, de Ribadeo; Abel Barro, de Xermade; Carmen Ron, de Castropol; Noelia Andrade, de Foz; Mónica Vázquez, da parroquia ribadense de Vilaselán; Juan Calvo-Sotelo, de Ribadeo; Joaquín Pérez, de Navia; Fina Vega, de Ribadeo; Julita Remior, de Ribadeo; Águeda García, de Foz; Samuel Penedo, de Ribadeo; Lorenzo García, de Ribadeo; Mónica Morado, de Ribadeo; Rosalía Vázquez, de Oviedo; Ana Cereijo, de Ribadeo; e Mª Dolores García, de Ribadeo.
As papeletas premiados fóronlles entregadas aos gañadores e gañadoras nos seguintes locais: Dyn y Don, Fauna, Pequerrechos, Jatay, Electricidade Sendín, Bis a Bis, Hola Ola, Xeito, Panadería Torviso, Farmacia Álvarez Lebredo, Terra Branca, Mercería Vizcaya, Dándara, La Candelaria, Irmandiños, Farmacia Virgina Boada, Menfer, Foto Miguel e Esprit.
Os locais nos que mañá, 16 de febreiro, as 19 parellas disfrutarán dos seus agasallos son: Asador A Quinta, Parador de Turismo de Ribadeo, San Miguel, O Cabazo, Marinero, A Dorada do Cantábrico, O Lar de Manolo, O Tumbín, Hotel Restaurante Javier Montero, La Villa, Cayo Coco, Porta Norte, Costa Verde, La Lira, La Solana, Bar Galicia, El Rincón del Gordo e Galipizza. Éste último local ofreceu dúas ceas.
Desde a directiva de Acisa agradecen aos locais hostaleiros a súa participación na tradicional campaña de San Valentín e á fiel clientela que siga apostando por facer as súas compras no comercio local de Ribadeo. No sorteo estiveron presentes o xerente de Acisa, Jesús Pérez, e Carmen Cruzado, membro da directiva da asociación.