A ribadense Claudia Rodríguez Pérez é a gañadora dun dos premios sorteados por Acisa Ribadeo na campaña do Día da Nai.

17

Rematou o prazo para reclamar os premios sorteados na
campaña do día da nai de Acisa Ribadeo.

Claudia Rodríguez Pérez, de Ribadeo, é a gañadora da experiencia Entre burbullas,
dunha noite con almorzo e acceso a spa a escoller entre 330 estancias. O número
agraciado foi o 2.734, que lle foi entregado en Farmacia Álvarez Lebredo.

O outro número premiado o 6.113, que foi entregado en Kids&Us e que corresponde ao
colgante exclusivo de prata de lei con madreperla, cortesía de Galería Terra Branca, non
apareceu, polo que este agasallo será sorteado máis adiante noutra campaña de Acisa
Ribadeo “por que os premios queremos entregalos sempre, non poden quedar
desertos”, apuntan desde a directiva da Asociación de Comerciantes, Industrias,
Servizos e Autónomos de Ribadeo.