A XII Festa do Comercio repartirá 4.000 euros en premios. O sorteo volve ser presencial tras a pandemia. A campaña de Nadal de ACISA inclúe tamén teatro, obradoiros e materiais para socios.

66

Acisa ven de presentar a súa campaña de Nadal,
este ano coorganizada entre a asociación empresarial e o Concello de Ribadeo, que se
desenvolverá do 15 de decembro de 2022 ao 14 de xaneiro de 2023. Inclúe a XII Festa
do Comercio, que repartirá 4.000 euros en premios, ademais de ambientación musical,
obradoiros, teatro, reparto de materiais entre os asociados e asociadas e sorpresas para
os máis pequenos e pequenas da casa; así como a instalación da árbore de Nadal e na
praza de San Roque.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo que “hoxe presentamos a campaña de
Nadal que se desenvolverá do 15 de decembro ao 14 de xaneiro. Inclúe o sorteo da XII
Festa do Comercio con 4.000 euros en premios, a colocación do árbore de Nadal de
Acisa, que inauguramos hai uns días, actividades para as nenas e os nenos e a entrega
de material gratuíto para os nosos socios e socias”.

O xerente da asociación, Jesús Pérez, explicou que “o sorteo da XII Festa do Comercio
volverá ser presencial e celebrarase na carpa instalada no Parque San Francisco o 14 de
xaneiro. Desde o 15 de decembro ata o 14 de xaneiro, co fin de impulsar a primeira
semana das rebaixas, as rifas estarán a disposición dos clientes de todos os negocios
asociados a Acisa Ribadeo”. E subliñou que “os premios, que se repartirán son: un de
2.000 euros, un de 1.000 euros, un de 500 euros e dos de 250 euros. Un destes últimos
premios (de 250 euros) será non presencial, e dicir, sortearase entre o total de rifas
impresas. O resto de premios sortearanse entre os números que o dia 14 de xaneiro
estean depositados na urna que estará situada na mesma carpa. Polo tanto é moi
importante destacar que a rifa debe conservarse ata o 14 de xaneiro e que ese dia pola
tarde deberase introducir na urna unha das dúas partes nas que se divide a rifa, e seguir
conservando a outra ata a mesma hora do sorteo. Deste xeito, unha parte estará na
urna para poder ser extraída e premiada e a outra quedará con nós para comprobar se
temos o número. Este ano póñense en circulación 150.000 rifas, esperando que sexa
unha campaña de Nadal moi animada. Esas rifas deberán ir debidamente seladas por
cada establecemento para ser entregadas aos clientes”.

A presidenta de ACISA, Carmen Cruzado indicou “neste 2022 optamos tamén por xerar
nas rúas de Ribadeo o mellor ambiente de Nadal posible, que faga que ao saír da casa
un se alegre un pouco máis, por iso en Ribadeo volveranse escoitar, a través da
megafonía, polas principais rúas as tradicionais panxoliñas e na praciña de San Roque,
creamos un espazo único onde veciños e visitantes poidan fotografarse, xunto o noso
árbore de Nadal e fronte ao nome de Ribadeo en tamaño XL, iluminado para a ocasión”.
Cruzado Iglesias dixo que “apostaremos tamén polas actividades para os máis
pequenos. Contaremos con animación para eles grazas a obra de teatro Story Time The
Elf´sinventions o dia 18 de decembro as 17:30 horas no cine teatro de Ribadeo e un
taller de adornos de Nadal o dia 24 en dúas quendas, ás 10:30 e ás 11:45 nas
instalacións de Kids&Us”.

Jesús Pérez manifestou que “para completar toda esta programación debemos lembrar
que este ano con motivo do Nadal entregáronse 20.000 bolsas de comercio de Acisa
para os nosos socios de forma gratuíta, xunto con preto de 30.000 unidades de diversos
materiais para a hostalaría, como son os envases e bolsas de comida para levar, os vasos
térmicos ou bolsas de botellas de viño”.

A presidenta de Acisa subliñou: “todo isto facémolo co fin de dicirlles aos ribadenses, a
veciñanza da comarca e de lugares próximos, que Ribadeo é o mellor lugar para facer as
compras, tomar un viño, encargar as comidas e as ceas de Nadal e desfrutar dunhas
festas diferentes. Para este Nadal non debemos esquecer a campaña das Panchas,
organizada polo Concello de Ribadeo, que será sen dubida un revulsivo mais para
mercar e consumir na nosa localidade e que dende Acisa conta con todo o noso apoio”.
O xerente de Acisa manifestou que “esta campaña de Nadal supón unha inversión de
mais de 30.000 euros por parte Acisa. É un dos maiores, se non o maior, esforzos
económicos realizados nos últimos anos, entre materiais, actividades, premios…, co fin
de manter e dinamizas a economía da vila. Toda a programación deste Nadal, este ano
faise de forma coorganizada co Concello de Ribadeo, baixo a premisa de que aunando
esforzos podíamos facer un Nadal moito mellor. Acisa tamén coa colaboración da Xunta
de Galicia e da Deputacion de Lugo. A todas as administracións lles agradecemos a súa
colaboración”.

No acto de presentación da campaña de Nadal de Acisa participou tamén o concelleiro
de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, que animou “a ribadenses,
visitantes, veciñas e veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a facer as súas
compras destas datas, a apostar polo comercio local, por eses establecementos que
temos a carón da casa, onde atoparemos un trato próximo e personalizado; a gozar da
nosa oferta hostaleira e de toda a programación de Nadal que atoparán aquí e imos dar
a coñecer dentro días”. Vizoso Galdo lembrou que “a campaña das Panchas segue en
marcha, vai a bo ritmo e temos ata o 31 de decembro para aproveitar as vantaxes da
nosa moeda local”.

O concelleiro ribadense engadiu: “Concello e Acisa traballamos conxuntamente para
dinamizar o comercio, a hostalería e o sector servizos e neste 2022 quixemos
coorganizar o Nadal en Ribadeo”.

XII FESTA DO COMERCIO – BASES SORTEO