Acisa agradece a subvención de 23.000 euros
concedida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo para os gastos derivados da
coorganización do Ribadeo Indiano 2025.
Dende a directiva de Acisa sinalan: “desde a asociación facemos unha valoración moi
positiva do anuncio feito pola Vicepresidencia da Deputación, a través da Área de
Cultura, da subvención de 23.000 euros que imos recibir para os gastos derivados da
coorganización do Ribadeo Indiano 2025. Queremos agradecer o recoñecemento que
supón para nós como motor importante do tecido económico e social da vila”.
Lembran que “levabamos moitos anos traballando para poder optar a ela”. E engaden
desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos que “esta
subvención servirá para que dende Acisa poidamos facer fronte á grande inversión que
dende o primeiro Ribadeo Indiano vimos facendo nesta actividade transcendental para
os negocios ribadenses, e ademais poder aumentala para así ofrecer máis e mellores
servizos aos nosos socios e socias e ampliar a nosa achega á programación do evento”.