ACISA CELEBRA O DÍA DA NAI REGALANDO DÚAS XOAIS.

A CAMPAÑA, QUE ARRINCA HOXE, PROLONGARASE ATA O 5 DE MAIO.

Acisa celebra o día da nai regalando dúas xoias valoradas en 100 euros cada unha. A campaña, que arrinca hoxe, prolongarase ata o 5 de maio. Aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados recibirán papeletas para participar nesta nova cita co comercio de Ribadeo.

Desde Acisa o xerente, Jesús Pérez, explicou que “haberá que estar pendentes do sorteo extra da Once do 5 de maio. Os números seguinte e anterior ao premiado no devandito sorteo serán os gañadores dos dous premios que poñemos en xogo desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo”.

Pérez sinalou que “as xoias están valoradas en 100 euros cada unha. E serán adquiridas nas dúas xoierías asociadas a Acisa, que son Azabache e Platería Gutié. As persoas afortunadas disporán ata o 10 de maio para reclamar os seus premios nas nosas oficinas”.

A tesoureira de Acisa, Manoli Torviso, que foi a encargada de presentar a campaña do día da nai esta mañá, manifestou que “esta é unha boa ocasión para acabar de gastar as panchas no comercio local e especialmente no asociado a Acisa, porque iso daralles opción a ser un dos premiados cunhas desas xoias”. E engadiu: “esperamos que esta campaña axude a que o comercio de Ribadeo comece o mes de maio cunha boa perspectiva de ventas. As panchas e a Semana Santa axudaron a que en abril houbese movemento nas nosas tendas e agardamos que esa tónica continúe nas vindeiras semanas”.

A tesoureira de Acisa, Manoli Torviso

Desde a xerencia da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos animan “a apostar unha vez máis polo comercio local, polo que temos a carón da casa. En Ribadeo podemos atopar todo o que precisamos para agasallar ás mamás”.

Bases do sorteo:

pdf Descargar as bases do sorteo “Unha xoia para mamá” en formato PDF (125KB)