ACISA colabora coa agrupación de Cáritas Ribadeo na localidade nunha recollida solidaria de alimentos para Nadal

265

ACISA RIBADEO COLABORA CON CÁRITAS NUNHA RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS PARA NADAL.

TRINTA ESTABLECEMENTOS PARTICIPAN NESTA INICIATIVA QUE SE PROLONGARÁ ATA MEDIADOS DE DECEMBRO.

Acisa colabora coa agrupación de Cáritas Ribadeo na localidade nunha recollida solidaria de alimentos para Nadal.

Máis de 30 establecementos asociados participan nesta iniciativa que se prolongará ata mediados de decembro.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “se trata dunha iniciativa que poñemos en marcha en colaboración coa agrupación de Cáritas de Ribadeo e consiste nunha recollida solidaria de alimentos. A campaña comezou hoxe mesmo e prolongarase ata o segundo fin de semana de decembro”.

O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Francisco Iriarte, dixo que “desde Acisa levamos meses pensando na maneira de poder colaborar de forma activa cos máis necesitados. Son momentos difíciles, nos que hai moita xente que agora mesmo non ten ingresos, que perdeu o traballo ou que os seus ingresos se viron drasticamente reducidos. A iniciativa basease en que todo aquel veciño ou veciña de Ribadeo que o desexe, pode levar aos máis de trinta puntos de recollida, unha pequena colaboración en forma de alimentos para que posteriormente Cáritas os reparta entre as persoas que o precisen”.

Pérez sinalou que “segundo nos din desde Cáritas, o que se necesita son alimentos básicos non perecedoiros como pasta, arroz, legumes, cacao, leite cun marxe longo de caducidade, potitos, galletas, cereais ou aceite”.

Francisco Iriarte manifestou que “se trata dunha iniciativa solidaria que non nos costa nada facela e coa que podemos axudar a moitas persoas. Chega o Nadal e todos podemos poñer o noso grao de area. Agora que comezaremos a mercar para Nadal, lembremos a quen máis o necesita e axudémoslle con algo tan básico como son os alimentos”.

O xerente de Acisa engadiu que “os establecementos nos que se poden depositar alimentos son: Mercería y Confección Susana Moreira, Apartamentos Escuder, Gasóleos Abelleira, Mercería Torviso, Panadería Torviso, Hotel Loriente – Cayo Coco, Araucaria Gastronómico, El Rincón del Gordo, Phonergy, Ginzo Hombre–Mujer, Kids & Us, Bar Queimada, Faro Norte Comunicación, Opticalia, Xardineo, Mika, Cafetería Breogán, Goia´s, Ribamueble, Esprit, Sanjurjo, For Friends, R23, Pepa Peineta, Farmacia Álvarez Lebredo, Linares, Anais, Galipizza, Xeito, Sargadelos, La Moda Joven e La Lira, Farmacia Virginia Boada, Farmacia Pedro Diaz, Laboral San Antonio, Fauna, Dandara, Mareta, Saia y Bar Galicia”.