Acisa colabora un ano máis ca media maratón Ribadeo-as Catedrais. Todos os atletas que completen a décimo segunda edición mañá, 12 de setembro, recibirán unha medalla conmemorativa xentileza do colectivo empresarial

22

Acisa colabora un ano máis coa Media Maratón
Ribadeo-As Catedrais. Todas as persoas que completen a décimo segunda edición mañá,
12 de setembro, recibirán unha medalla conmemorativa xentileza do colectivo
empresarial ribadense.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, declarou que “dende Acisa estamos satisfeitos
de poder colaborar un ano mais co Concello aportando as medallas de fin de carreira da
décimo primeira Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar mañá, 12 de
setembro. Todas as corredoras e corredores que rematen a carreira recibirán unha
medalla conmemorativa xentileza da nosa asociación”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, destacou que “a Media Maratón é moi importante para
a actividade económica do noso pobo, este evento vai mover a máis de 1000 corredores
e corredoras, que xunto a acompañantes e familiares suporá que se acheguen á nosa
vila preto de dúas mil persoas durante a fin de semana, e por iso creemos moi
importante a colaboración con este evento. Moitos dos participantes xa chegan hoxe e
outros quedarán ata o domingo, polo que poderán gozar da nosa hostalería e do noso
comercio, algo que para nos ten moita importancia neste tramo final do verán”.
Desde Acisa Ribadeo “desexámoslles a todos unha boa carreira e que aproveiten para
gozar da paisaxe pola que discorre esta Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que non
deixa indiferente a ninguén”. E engadiron: “agardamos que os acompañantes tamén
disfruten da súa estadía nesta vila”.
Na presentación das medallas conmemorativas da XII Media Maratón Ribadeo-As
Catedrais participaron o alcalde, Dani Vega, o técnico de Deportes, Iván López, a
presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, e o xerente do colectivo empresarial ribadense,
Jesús Pérez.