ACISA colabora un ano máis coa media maratón Ribadeo-As Catedrais. Todos os que completen a novena edición o vindeiro sábado, 16 de setembro, recibirán unha medalla conmemorativa xentileza do colectivo empresarial.

14

Acisa colabora un ano máis coa Media Maratón
Ribadeo-As Catedrais. Todas as persoas que completen a novena edición o vindeiro
sábado, 16 de setembro, recibirán unha medalla conmemorativa xentileza do colectivo
empresarial ribadense.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “este sábado, 16 de setembro,
celébrase a IX Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Todos os corredores e corredoras
que completen o percorrido recibirán unha medalla conmemorativa xentileza de Acisa
Ribadeo, que colabora deste xeito con esta proba. Como novidade, algúns negocios
asociados a Acisa tamén quixeron aportar unha pequena colaboración, en forma de
regalos para sortear entre os participantes”.

Desde Acisa amósanse satisfeitos de poder colaborar un ano máis coa Media Maratón
Ribadeo-As Catedrais. O xerente, Jesús Perez, dixo: “dende Acisa estamos satisfeitos de
poder colaborar un ano mais co Concello aportando as medallas de fin de carreira” e
destacou que “este evento vai mover a mais de 700 corredores e corredoras, que xunto
a acompañantes e familiares suporá que se acheguen á nosa vila preto de dúas mil
persoas durante a fin de semana. Moitos deles xa chegarán o venres e outros quedarán
ata o domingo, polo que poderán gozar da nosa hostalería e do noso comercio, algo que
para nos ten moita importancia neste tramo final do verán”.

Pérez Prada engadiu: “a Media Maratón é moi importante para a actividade económica
do noso pobo. Trátase dun revulsivo para o turismo, onde estes potenciais 2.000
visitantes dunha fin de semana, pódense converter en 2.000 embaixadores de Ribadeo
que lles conten a amigos e familiares, o destino ideal que é Ribadeo para pasar uns dias
de descanso ou de vacacións”.

Cruzado Iglesias subliñou que “como diciamos anteriormente como novidade este ano,
dende Acisa demos a oportunidade aos asociados e asociadas que o desexaron de poder
colaborar con este importante evento, doando o que na súa man estivese para poder
sortear estes regalos entre os participantes. Por elo, quixera expresamente agradecer ao Hotel Mi Norte, pola súa doazón dun bono de noite mais almorzo no seu
establecemento; ao Bar Queimada por unha comida para dúas persoas, ao Rincón del
Gordo por unha cea para dúas persoas, ao Hotel Restaurante Javier – Montero polos
seus descontos do 30 % para quen se aloxe no establecemento, a Farmacia Monte
Iglesias polos seus lotes de parafarmacia para a saúde dos corredores, a Miss-tic polo
regalo de 10 fulares e a R23 polo regalo de 1 vale dun 40% de desconto”.

Hoxe tivo lugar o sorteo de tres deses premios: “concretamente a estancia doada por
Hotel Mi Norte, a cea doada por El Rincón del Gordo e a comida doada por Bar
Queimada. Estes premios foron sorteados entre o total dos dorsais participantes na
Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que son concretamente 729; e recaeron no
dorsal 724, Manuel Villasuso Rodriguez, gañador da estancia para dúas persoas en Hotel
Mi Norte; no dorsal 137, pertencente a Iria Aldao Prada, á que lle tocou a cea para dúas
persoas en El Rincón del Gordo; e co dorsal 614 Marco Antonio Ortega Urueña gañador
da comida doada polo Bar Queimada”, sinalou Jesús Pérez.

Na presentación das medallas conmemorativas da IX Media Maratón Ribadeo-As
Catedrais participaron o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José
Silvent, o técnico de Deportes, Iván López, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, e o
xerente de Acisa, Jesús Pérez.