ACISA continúa colaborando co deporte que atrae visitantes a Ribadeo

158
ACISA continúa colaborando co deporte que atrae visitantes a Ribadeo

OS DÍAS 16 E 17 DE XUÑO DISPUTARASE NA LOCALIDADE O XV TORNEO DE FÚTBOL BASE ALEVÍN E MINIPREBENXAMÍN, QUE ORGANIZA A SD RIBADEO

Os días 16 e 17 de xuño disputarase na vila o XV Torneo de Fútbol Base Alevín e Miniprebenxamín, que organiza a SD Ribadeo. O evento foi presentado no Concello. Ao acto asistiron o concelleiro de Deportes, David Rivas, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, a presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, e outros representantes deste club ademais do técnico municipal de Deportes e do xerente da Asociación de Comerciantes.

No torneo alevín daranse cita 24 equipos, que xogarán no estadio municipal Pepe Barrera e no campo do CEIP Gregorio Sanz o sábado e o domingo. Proceden de diferentes cidades e localidades de León, Asturias, Portugal e Galicia. E no torneo miniprebenxamín o domingo participarán 4 equipos, tres asturianos e a SD Ribadeo.

A entrega de medallas dos miniprebenxamíns será o domingo ás 18:10 horas. E a dos trofeos aos alevíns será ás 19:30 horas.

Calendario XV Torneo de Fútbol Base Alevín e Miniprebenxamín

pdf Descargar Calendario XV Torneo de Fútbol Base Alevín e Miniprebenxamín en formato PDF (351kb)

XV Torneo de Fútbol Base Alevín e Miniprebenxamín