ACISA e Concello de Ribadeo asinaron o convenio anual de colaboración que regula a axuda de 20.000 euros que recibe a asociación para seguir apoiando o consumo en clave local.

63

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de
colaboración anual que regula a axuda de 20.000 euros que recibe a asociación
ribadense para seguir apoiando ao comercio e ao sector servizos, é dicir o consumo en
clave local, e para levar adiante diversas iniciativas e actividades.

A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, indicou que “grazas á firma deste
convenio, poderemos desenvolver diferentes accións de dinamización comercial e
hostaleira e de promoción turística, tal y como vimos desenvolvendo nestes anos.
Concello e Acisa seguimos a traballar xuntos, algo que sen dúbida algunha é bo para
Ribadeo e para os nosos socios e socias. O convenio desde ano chega con novidades,
grazas ás negociacións destes meses e ao traballo realizado dende o pasado ano por
parte da xerencia de Acisa. Queremos agradecer dende a Asociación de Comerciantes,
Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo que o Concello atendera as nosas
peticións a este respecto”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “neste convenio conseguimos unha
ampliación orzamentaria, xa que pasa de 16.000 a 20.000 euros, co que poderemos ter
mais capacidade para realizar actividades e comprar materias para os socios e socias de
Acisa. De feito, nestas dúas liñas de actuación nas que se centre o convenio: na
realización de actividades de dinamización comercial e hostaleira como concertos,
sorteos, campañas promocionais e publicitarias, e na compra de materiais para entregar
gratuitamente ás socias e socios do noso colectivo empresarial”.

O concelleiro de Comercio e Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “este
convenio pretende servir para acadar os obxectivos principais que nos marcamos, que
veñen sendo a difusión do noso comercio, a acción formativa e de promoción turística e
comercial, tamén iniciativas innovadoras e accións de apoio continuado ao comercio
local”.

Vizoso Galdo engadiu que “coa sinatura deste convenio amosamos unha vez máis o compromiso do Concello coa actividade asociativa e co sector comercial e de servizos da
nosa vila precisamente para que Ribadeo siga sendo un lugar de referencia dun
comercio próximo e de calidade e un destino turístico principal”.

Na firma do convenio anual entre Concello de Ribadeo e Acisa, que tivo lugar no salón
de plenos do Pazo de Ibáñez, participaron o alcalde, Fernando Suárez, a presidenta de
Acisa, Carmen Cruzado, o concelleiro de Comercio, Pablo Vizoso, o xerente de Acisa,
Jesús Perez, e o secretario accidental do Concello, José Rodil.