ACISA e Gasóleos Abelleira poñen en marcha unha nova edición da campaña de apoio aos negocios locais asociados e de dinamización do comercio e da hostalería. Trátase de 50.000 tarxetas cun desconto de 0,10 euros/litro de combustible, que se poderán obter ao comprar e consumir nos comercios e na hostalería de Ribadeo.

159

Acisa e Gasóleos Abelleira poñen en marcha unha
nova edición da campaña de apoio aos negocios locais asociados. Trátase de 50.000
tarxetas cun desconto de 0,10 euros/litro de combustible, que se poden obter ao
comprar e consumir nos comercios e na hostalería de Ribadeo.

Desde Acisa e desde Gasóleos Abelleira explican que “as 50.000 tarxetas están xa
repartidas nos negocios asociados a Acisa e poden facerse con elas as persoas que
compren nos nosos comercios ou que consuman na nosa hostalería ata o vindeiro 31 de
marzo. O gasto a realizar nos establecementos asociados para recibir unha tarxeta
deberá ser superior aos 5 euros e só se entregará unha tarxeta por cada compra dese
importe”.

E subliñan que “as tarxetas son descontos de 0,10 euros por litro de combustible sen
límite nos litros de reposición. E será de aplicación unicamente na estación de servizo
que se atopa situada no polígono industrial. Este desconto non é compatible con outras
promocións de Gasóleos Abelleira”.

Acisa anima “á veciñanza a apoiar, coma sempre, polo comercio e pola hostalería locais
e a aproveitar esta promoción que nos brinda un dos nosos asociados, Gasóleos
Abelleira, porque ademais de apostar polo consumo local aforraremos cando vaiamos
encher o depósito dos nosos coches, e iso é importante nos tempos que corren,
ademais de intentar darlle un maior impulso ao remate da campaña de rebaixas e ao
inicio da tempada de primavera no comercio”.

E engaden desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de
Ribadeo: “esta é a terceira edición desta campaña con Gasóleos Abelleira, ao que lle
agradecemos a súa disposición. É unha campaña que funciona e que ten moi boa
acollida entra a clientela e entre os nosos asociados e asociadas.

A campaña foi presentada por César López, de Gasóleos Abelleira, pola presidenta e
polo xerente de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.