ACISA entrega de forma gratuita máis de 21.000 novas bolsas para o comercio asociado

60

Acisa presenta as súas novas bolsas. Trátase dun
paquete de mais de 21.000 unidades, que están dispoñibles gratuitamente para o
comercio asociado.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “como adoitamos a facer polo Nadal este ano
tamén entregamos de forma totalmente gratuíta materiais aos nosos asociados e
asociadas. Primeiro fixémolo coa hostalería e agora tócalle ao comercio. Nesta ocasión
fixemos un esforzo extra, dedicando preto de 10.000 euros para a adquisición destes
materias, algo que puidemos facer co cofinanciamento da Xunta de Galicia. Con esta
inversión puidemos editar mais de 21.000 unidades destas novas bolsas comerciais”.
E engadiu: “deste xeito respondemos ás necesidades dos nosos asociados e asociados,
que diariamente no comercio veñen utilizando as bolsas que dende Acisa lles
proporcionamos de forma gratuíta, e que sen dubida é unha das súas maiores
demandas”.

Prada explicou que “estas novas bolsas, que poñemos á súa disposición, permítennos
traballar con antelación para que estean a disposición dos nosos comercios xa para
campaña do Black Friday e por suposto para todo o Nadal, e durante o ano 2024. O
deseño tamén é renovado. Utilizamos a nova imaxe corporativa de Acisa, na que se
debuxa o noso SkyLine baixo o slogan de O teu comercio. E tamén inclúen o QR-WEB de
Acisa. Deste xeito entramos nos fogares de moita xente, facilitando a posibilidade de
que cun fácil escáneo, un veciño de Ribadeo, da comarca ou un turista, estando na súa
casa, poida ver a actualidade da asociación, a guía comercial ou hostaleira, a oferta
turística ou cultural… isto supón manter a aposta pola dixitalización e a estratexia de
achegarnos mais ao consumidor. O tamaño das bolsas é o habitual, de tipo mediano que
serve para unha gran maioría dos negocios”.
O xerente de Acisa subliñou que “aqueles asociados e asociadas que desexen estes
materiais poden comezar a recollelos nas oficinas de Acisa, na rúa San Roque, 57-baixo,
de 9:30 a 14:30 horas ou de 15:00 a 17:00”.

Na presentación desta nova tirada de bolsas para os comercios participaron a
presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acompañados polo
alcalde ribadense, Daniel Vega, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz.
Carmen Cruzado agradeceu “a colaboración de todas as administracións coas que
contamos e traballamos desde Acisa, a través de subvencións como neste caso, de
convenios ou de acordos e proxectos, que sempre buscan o apoio ao tecido empresarial
ribadense e sobre todo a súa dinamización económica”.

O mellor comercio da túa vila
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, animou “á veciñanza a participar na
campaña O mellor comercio da túa vila, na que colaboramos coa Federación Galega de
Comercio, como nova iniciativa de dinamización comercial. Esta campaña ten como
obxectivo promover e potenciar as vendas, e como novidade, premiar a un
establecemento comercial con 500 euros”.

Cruzado Iglesias explicou que “os clientes que queiran participar no sorteo de 12.000
euros en premios, repartidos en 20 tarxetas de 300 euros e 40 tarxetas de 150 euros, só
teñen que rexistrar as compras que realicen no seus negocio na páxina web
https://www.mellorcomerciodatuavila.com/ . Deberán facelo desde o pasado 14 de
novembro ata o 7 de decembro. Pódense rexistrar todas as compras realizadas polo
cliente en cada negocio”.

A presidente de Acisa subliñou que “a novidade desta campaña é o premio ao mellor
negocio valorado con 500 euros, que será elixido polos propios clientes. Votar é moi
sinxelo, ao mesmo tempo que o cliente rexistra unha compra na páxina web, poderá
votar na lista de comercios asociados a Acisa Ribadeo que lle aparecerá. Só se permite
un voto por persoa”.

E engadiu: “tamén animamos aos negocios asociados a Acisa Ribadeo a impulsala e dala
a coñecer, xa que esta campaña pode impactar directamente neles, podendo gañar un
premio de 500 euros, que está moi ben”.