ACISA fai un balance positivo do Ribadeo Indiano 2026

20

Acisa fai un balance positivo do Ribadeo Indiano 2026.
A presidenta, Carmen Cruzado, dixo que “nin a choiva do venres para o desembarco dos
indianos, nin as treboadas do sábado á noite nin as do domingo pola tarde puideron co
Ribadeo Indiano. Nas once edicións deste evento é a primeira vez que a climatoloxía se
tornou tan adversa. E a pesares diso Ribadeo estivo a tope estes días. O sábado non se
collía polas Catro Calles, os coches chegaban á Vilavella, ás Barreiras, á rotonda do
Voar…”.
O xerente, Jesús Pérez, comentou que “os bares e restaurantes estiveron a tope,
facendo varias quendas para servir as comidas e as ceas e para atender da mellor
maneira posible a toda clientela. Tamén o comercio se viu beneficiado ao longo dos
últimos días. A fin de semana do Ribadeo Indiano é máis agardada de todo o ano polos
negocios locais”.
E subliñou que “Acisa contribuíu un ano máis a encher de esencia indiana esta vila, con
música e sons mexicanos e cubanos, que foron un reclamo tanto o sábado como o
domingo; cos vasos conmemorativos deste evento; coa branca decoración de rúas e
prazas; co sorteo da viaxe a México, que foi para unha veciña de Ribadeo; coas
actividades infantís e xuvenís… non faltou nada”.
Pérez Prada aludiu ao impacto económico desta celebración: “estamos a falar de máis
de 3 millóns de euros de movemento económico e de máis de 60.000 persoas as que se
achegaron a gozar do Ribadeo Indiano 2026, en grupos de amigos e de familias, e en
moitas excursións procedentes da veciña Asturias. Si a climatoloxía fose mellor as cifras
que hoxe estamos a comentar e a analizar terían sido tamén mellores”.
Cruzado Iglesias incidiu “na implicación dos negocios locais, entre os que repartimos un
ano máis decoración para que ambientasen as casas de comidas e de bebidas e tamén
os comercios ribadenses. Ribadeo engalanouse para a ocasión e luciu perfecto”.
A presidenta do colectivo empresarial ribadense agradeceu: “a colaboración e o apoio
económico de administracións como a Deputación de Lugo, a través da Área de Cultura,
e da Xunta, a través da Dirección Xeral de Comercio, así como do Concello de Ribadeo.

Grazas a todas as empresas privadas, que un ano máis colaboraron con Acisa Ribadeo
Grazas a Protección Civil, á Policía Local, á Garda Civil e a todo o persoal municipal e de

Acisa implicado na organización deste evento e en velar porque o Ribadeo Indiano
discorrese, un ano máis, con normalidade e sen sobresaltos”.