Acisa fai un balance positivo do XIII Torneo de Fútbol Veterano Ría de Ribadeo

43
XIII Torneo de Fútbol Veterano Ría de Ribadeo

ACISA FAI UN BALANCE POSITIVO DO XIII TORNEO DE FÚTBOL VETERANO RÍA DE RIBADEO

FRANCISCO IRIARTE SUBLIÑA A REPERCUSIÓN ECONÓMICA QUE TIVO PARA A HOSTALERÍA LOCAL E PARA A PROMOCIÓN TURÍSTICA DA LOCALIDADE

Acisa fai un balance positivo do XIII Torneo de Fútbol Veterano Ría de Ribadeo, que reuniu a pasada fin de semana a 42 equipos na localidade e a unhas mil persoas.

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, sinalou que “como colaboradores que somos deste evento deportivo estamos moi satisfeitos pola cantidade de xente que moveu, chegada desde diferentes puntos de España e de países como Reino Unido, Bélxica e Portugal. Este torneo ten unha repercusión importante na hostalería ribadense, xa que os xogadores e os seus acompañantes alóxanse en Ribadeo, comen, cean e consumen na nosa vila”.

Para Iriarte “tamén é de destacar a promoción turística que se fai de Ribadeo e da súa contorna con estes torneos. Moitos destes participantes estamos convencidos de que volverán por aquí coas súas familias a gozar doutra maneira de Ribadeo e dos seus atractivos turísticos”.

O presidente de Acisa felicitou “á organización do XIII Torneo de Fútbol Veterano Ría de Ribadeo, a todos equipos participantes e ao gañador, que un ano máis foi o Velarde de Cantabria”.

Acisa fai un balance positivo do XIII Torneo de Fútbol Veterano Ría de Ribadeo
Francisco Iriarte participou na entrega de trofeos que tivo lugar na tarde de onte