Acisa firmou un novo convenio de transportes coa empresa CTT Express con condicións vantaxosas para as súas asociadas e asociados.

90
24/03/2022 CTT Express ECONOMIA CTT EXPRESS

Acisa firmou un novo convenio de transportes coa
empresa CTT Express con condicións vantaxosas para as súas asociadas e asociados.

A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, contou que “firmamos un novo
convenio coa empresa de transportes CTT Express, co fin de mellorar as condicións de
transporte de mercadorías, para os nosos asociados e asociadas”.

Segundo explicou o xerente da asociación, Jesús Pérez: “este servizo é moi utilizado e
cremos conveniente melloralo sempre que poidamos cunhas novas tarifas vantaxosas e
con novidades no servizo de recollida e entrega. O convenio inclúe diferentes formas de
envío como provincial, rexional, peninsular, insular e internacional, así como diferentes
horarios, urxente con entrega antes das 10 da maña, entrega ás 14 horas e entrega
entre 24 e 48 horas. Este convenio a demais inclúe tarifas segundo o número de envíos
ao mes que realice cada empresa, desta maneira a oferta aínda se pode personalizar
moito mais, adaptándoa a cada asociado e axustando mais os custes, o que implicará un
maior aforros. A oferta que temos de CTT Express é moi boa e ademais das tarifas
ofertadas ofrécennos un desconto a maiores do 3%”.

Cruzado Iglesias dixo que “dende Acisa traballamos co fin de proporcionar os mellores
servizos ás nosas asociadas e asociados. O transporte de paquetería é moi necesario e
utilizado polo comercio. Cremos que lles será de moita utilidade. Isto sen dubida é un
motivo mais para formar parte de Acisa, poder desfrutar de acordos vantaxosos coma
este e outros que xa temos en marcha desde hai anos e dos que os negocios interesados
poden obter información na nosa oficina ou a través da nosa páxina web”.