ACISA LAMENTA O PASAMENTO DO EX PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN, PABLO VIZOSO IGLESIAS, QUE SERÁ SOTERRADO ESTA TARDE EN SAN PEDRO DE BENQUERENCIA.
ACISA lamenta o pasamento do ex presidente da asociación, Pablo Vizoso Iglesias, ocorrido este sábado.
ACISA fíxolle chegar o seu pesar á familia e aos amigos de Pablo Vizoso, que esta tarde será soterrado en San Pedro de Benquerencia (Barreiros).
Vizoso foi o segundo presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo. Ocupou ese cargo de 1992 a 1999, substituíndo no mesmo a Andrés Tojal e cando se celebrou o 25 aniversario da creación de ACISA subliñaba a importancia de contar cunha voz que aglutine ao empresariado ribadense.
Acisa agradece o traballo realizado por Pablo Vizoso na súa etapa como presidente da asociación.