ACISA mantivo un encontro co Brigada Comandante de Posto e con compoñentes de Seguridade Cidadá da Garda Civil de Ribadeo.

61

ACISA mantivo un encontro co Brigada Comandante
de Posto e con compoñentes de Seguridade Cidadá da Garda Civil de Ribadeo.

O obxectivo da xuntanza “foi darnos a coñecer tras a chegada da nova directiva e
achegarlles as inquedanzas das nosas asociadas e asociados, que o que nos pediron nas
últimas semanas é que reclamemos unha maior presenza das Forzas e Corpos de
Seguridade, especialmente nas zonas de movida durante as fins de semana. Ribadeo
podemos dicir, que en liñas xerais, é unha vila tranquila e agardamos que así siga
sendo”, sinalou a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado.

Os delitos telemáticos a través de internet están a preocupar tamén en Ribadeo: “cada
vez son máis as persoas que sofren estafas ou enganos ao realizar compras a través de
internet. Tamén se producen pagos en tendas con tarxetas de crédito clonadas. E diso
tamén falamos na xuntanza de hoxe e da posibilidade de organizar algunha charla
informativa para poder detectar este tipo de delitos e para saber como actuar en cada
momento”, explicou Jesús Pérez, o xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais,
Servizos e Autónomos de Ribadeo.

Cruzado Iglesias agradeceu o encontro, que cualificou como “cordial e
comprometémonos a colaborar en todo o que sexa posible”.

Desde a directiva de Acisa insisten unha vez máis “en apoiar ao comercio local facendo
as compras nos negocios de Ribadeo, onde atopamos un trato próximo, onde tocamos
os produtos, onde falamos coas dependentas e dependentes e cos empresarios e onde
todas e todos nos coñecemos. Deste xeito tamén evitaremos sufrir enganos e sustos a
través de internet”.