DURANTE FEBREIRO VOLVE O MES DO AFORRO CON DESCONTOS NO COMBUSTIBLE. ESTA CAMPAÑA PÓÑENA EN MARCHA ACISA E GRUPO VALCARCE EN RIBADEO.

Acisa organiza de novo a campaña o Mes do Aforro con descontos no combustible na estación de servizo Valcarce, de Ribadeo. Será do 1 ao 29 de febreiro.

O presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, foron os encargados de presentar esta iniciativa, que o pasado mes de novembro foi un éxito.

Iriarte explicou que “o obxectivo desta campaña é o fomento da actividade comercial no mes de febreiro mediante a fidelización do cliente tanto da vila como visitantes a través de tarxetas de desconto de 0´09 euros por litro de combustible”.

Pérez dixo que “as tarxetas Acisa Aforro de desconto obteranse gratuitamente realizando as compras en calquera dos establecementos asociados a Acisa Ribadeo, e so se entregará unha por cada tícket de compra cun gasto mínimo de 10 euros. Esta promoción é válida dende o día 1 ata o 29 de febreiro, período no que os clientes poderán lograr as súas tarxetas”.

O presidente de Acisa sinalou que “esta promoción non é acumulable a outras e as tarxetas deberán ir debidamente seladas por cada establecemento, sendo dun único uso. De modo que para aplicar un novo desconto noutra repostaxe deberá entregarse unha nova tarxeta. Esta campaña so é válida na estación de servizo Valcarce de Ribadeo, que asume integramente o desconto de 0´09 euros por litro”.

O xerente da asociación engadiu que “Acisa Ribadeo xa levou a cabo esta campaña no pasado mes de novembro e, debido ao éxito obtido, decidimos volver desenrolala durante febreiro de 2020. Mañá comeza un novo Mes do Aforro en Ribadeo”.