ACISA organiza unha xornada formativa sobre ciberseguridade, que será impartida por membros da Garda Civil da Comandancia de Lugo. O acto terá lugar o 26 de xaneiro en dúas quendas.

30

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e
Autónomos de Ribadeo organiza unha xornada formativa sobre ciberseguridade, que
será impartida por membros da Garda Civil da Comandancia de Lugo. O acto terá lugar
mañá, 26 de xaneiro, no salón de actos da antiga casa sindical. Será en dúas quendas,
unha para a veciñanza e outra para o empresariado local.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “a xornada desenvolverase en dúas
sesións. A primeira será ás seis da tarde e estará aberta a toda a cidadanía. Na mesma
abordaranse os principais ciberataques que sofre ou pode sufrir a poboación en xeral e
como evitalos. E xa ás oito será a charla para o empresariado. Neste caso a Garda Civil
falará dos principais ciberataques empresariais e tamén darán consellos para poder
previlos e así evitalos”.

Pérez Prada engadiu que “nos parece moi interesante impartir esta formación tanto a
cidadáns como a empresas, xa que os ciberataques son cada vez máis habituais.
Sabemos que hai preocupación e por iso quixemos poñer en marcha esta xornada”.
Para a organización desta actividade Acisa conta coa colaboración do Concello de
Ribadeo e da Garda Civil. A asociación ribadense agradece “o apoio da Subdelegación do
Goberno en Lugo e do cuartel da Garda Civil de Ribadeo para poder levar adiante esta
actividade”.