ACISA recibirá unha axuda de 6000€ da Deputación de Lugo, destinada á ambientación de nadal.

62
????????????????????????????????????

Acisa agradece a colaboración da Deputación de Lugo, tras o convenio asinado esta mañá entre o presidente da institución provincial, José Tomé, e o xerente da Asociación de Comerciantes de Ribadeo, Jesús Pérez. Acisa recibirá unha axuda de 6.000 euros, que está destinada a costear a ambientación de Nadal deste 2020.

Pérez Prada subliñou que “grazas a esta achega instalamos a árbore de 10 metros de altura na praciña de San Roque e creamos ese espazo XL no que a xente se está a fotografar nestas datas. E tamén procedemos a colocar a megafonía, cuns trinta altavoces, para que nas rúas de Nadal soen de novo as panxoliñas este ano”.

Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo indicaron que “esta axuda é moi necesaria agora a finais de ano para levar adiante esta iniciativa, que nos serve para crear un bo ambiente de Nadal en Ribadeo, e que así a xente se anime a facer as súas compras no comercio local e a consumir, con sentidiño, nos nosos bares e restaurantes”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, engadiu: “desde Acisa queremos agradecer esta axuda da Deputación de Lugo. Agardamos poder seguir contando coa súa colaboración o vindeiro ano, co obxectivo de poder organizar máis actividades que redunden na dinamización do noso comercio, da nosa hostalería e do noso pobo”.