ACISA recibiu a visita do vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde

48

Acisa recibiu a visita do vicepresidente primeiro
da Xunta e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, co que
mantiveron un encontro a presidenta e o xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
Tamén participaron na xuntanza o director xeral de Comercio, Manuel Heredia, o
delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o deputado autonómico Daniel
Vega.

Francisco Conde ratificou o compromiso da Xunta co sector do comercio en Galicia e
visitou dous establecementos asociados Ginzo Hombre-Mujer e Hola Ola, nos que puido
pulsar o funcionamento do Bono Activa Comercio.

É a primeira vez que un vicepresidente da Xunta visita e se reúne coa directiva de Acisa.
O seu xerente, Jesús Pérez, declarou que “estamos agradecidos de recibilo nas nosas
instalacións e de poder facerlle chegar as necesidades da asociación e tamén todo o
traballo que estamos a realizar”. E engadiu que “puxemos en valor as axudas da Xunta
ao comercio en xeral e a Acisa en particular”. A visita de Francisco Conde veu motivada
polo accésit que lle foi concedido a Acisa en 2021 nos Premios Nacionais de Comercio,
en recoñecemento ao traballo realizado ao longo dos últimos cinco anos.

Carmen Cruzado sinalou que “fixemos fincapé na importancia que teñen as axudas
públicas das administracións para as asociacións como a nosa, xa que sen elas non
teríamos capacidade para organizar moitas das actividades que se levan a cabo nin de
prestar o asesoramento e o apoio ás nosas asociadas e asociados”.

Acisa fíxolles entrega dun agasallo conmemorativo aos responsables autonómicos cos
que mantivo un encontro.

Francisco Conde visitou tamén Lencería Manuela Torviso, na rúa San Francisco, que
neste 2023 celebrará o seu 40 aniversario, onde departiu coa súa propietaria e
empregadas.