ACISA recibiu hoxe a visita da Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, que se desprazou a Ribadeo para informar sobre as axudas destinadas á dixitalización das empresas que teñan entre 3 e 9 empregados.

3

Nas instalacións de Acisa celebrouse esta mañá un encontro coa subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, que se desprazou ata Ribadeo para informar sobre as axudas destinadas á dixitalización das empresas que teñan entre 3 e 9 empregados. Este segundo segmento abriuse o pasado 2 de setembro e prolongarase ata o 2 de setembro de 2023.

 

Ao acto asistiron o xerente, o secretario, a vicepresidenta e a presidenta de Acisa, Jesús Pérez, Virginia Eceiza, Felipe Barcia e Carmen Cruzado, respectivamente, así como o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e a concelleira Mónica Freire. 

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, animou ás empresas de Ribadeo a sumarse ao kit dixital, lembrou que a primeira convocatoria destas axudas rematará o 15 de setembro e que a segunda estará activa ata o 2 de setembro de 2023. 

No encontro a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, aproveitou a ocasión para pedir máis presenza da forzas de seguridade, Garda Civil e Policía Local, nas rúas de Ribadeo nas noites da fin de semana, así como a posibilidade de organizar charlas informativas en materia de ciberseguridade  e seguridade en xeral destinadas aos comercios asociados da organización empresarial ribadense. 

Carmen Cruzado agradeceu a presenza da subdelegada en Acisa: “valoramos positivamente que nos viñese achegar información sobre o kit dixital e que animase ás empresas a non perder esta oportunidade, que non terá custe algún para elas”. E engadiu: “quedamos en colaborar en todo o que sexa posible desde Acisa coa Subdelegación do Goberno e viceversa”.