ACISA recibiu as 1.000 máscaras hixiénicas doadas pola Asociación Deportiva de Veteranos do Ribadeo FC

81

ACISA RECIBIU AS 1.000 MÁSCARAS HIXIÉNICAS DOADAS POLA ASOCIACIÓN DEPORTIVA DE VETERANOS DO RIBADEO FC.

O presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, recibiron na sede da asociación as 1.000 máscaras hixiénicas doadas pola Asociación Deportiva de Veteranos do Ribadeo FC da man de Víctor Manuel Pérez Quintana e Juan Antonio Rodríguez Peceux.

As máscaras son repartidas entre as socias e os socios de Acisa, xunto ao resto de material hixiénico e informativo que a asociación levou aos locais que abriron as súas portas nas últimas horas.

Francisco Iriarte agradeceu “esta doazón dos Veteranos do Ribadeo FC, xa que era moi importante contar con material dabondo para que os negocios puidesen retomar a súa actividade nas mellores condicións posibles. Son 1.000 máscaras hixiénicas que se poden lavar e reutilizar 8 veces, co que sería como si contásemos con 8.000 máscaras cirúrxicas, unha cifra que daría para abastecer á poboación de Ribadeo”.

A Asociación de Veteranos do Ribadeo FC tamén doou a Acisa 1.200 euros para a realización de campañas que fomenten o consumo nos establecementos asociados. “O obxectivo é dinamizar a economía local con esta partida”, engadiu o presidente de Acisa.