ACISA reparte novo material gratuito entre os comercios asociados.

97

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo reparte estes días 15.000 bolsas, 20.000 pegatinas e 100 bobinas de papel de regalo entre os comercios asociados que o solicitaron.  

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, explicou que “se trata dun lote de materiais que se lles entrega aos socios, que o solicitaron previamente. É un material que reciben de forma gratuíta.Con elo pretendemos axudar a reducir os custes dos comercios derivados desta época, como son precisamente os materiais para facer regalos”.

O xerente da asociación ribadense, Jesús Pérez, dixo que “son 15.000 bolsas, nesta ocasión son dun único tamaño e seguindo as normas de sostibilidade e respecto polo medio ambiente, como non podía ser doutro xeito, son biodegradables. Ademais tamén se reparten 20.000 pegatinas, con motivos do Nadal para decorar os regalos e 100 bobinas de papel de agasallo, en dous tamaños, de 35 y 75 centímetros,  tamén biodegradable”.

Iriarte Quintana subliñou: “queremos agradecer a colaboración da Xunta de Galicia que fai posible que un ano mais podamos entregarlles estes materiais aos noso socios e socias”.

Pola súa banda, Pérez Prada engadiu: “é importante se nos fixamos nas bolsas, destacar que é a primeira actuación que levamos adiante baixo a denominación Ribadeo no Camiño. Esta nova marca, creada por Acisa, estará vixente dende agora en todas aquelas actividades que desenvolvamos co fin de potenciar o paso do camiño de Santiago por Ribadeo e tamén a Ribadeo como punto de saída do mesmo. Destacar que esta nova marca é o nome do proxecto que de cara ao vindeiro ano  aglutinará novas entregas de materias, renovación de elementos informativos así como, se as circunstancias o permiten, novas actuacións nas rúas, que dinamicen a vila”.

Spot publicitario

O presidente de Acisa anunciou que “Acisa Ribadeo presenta mañá pola tarde un novo spot publicitario, co fin de promocionar a nosa vila este Nadal. Este anuncio poderase ver na televisión e nas redes sociais e esperamos animar á xente da Mariña e aquelas persoas que non están limitadas polas normas de mobilidade a vir a Ribadeo a mercar e desfrutar do nadal, respectando todas as normas sanitarias en vigor en cada momento. Queremos agradecer tamén á Xunta de Galicia a súa colaboración nesta iniciativa”.

 

.