A.C.I.S.A. reuniuse con representantes do PP para trasladarlle as súas necesidades e preocupacións

126
A.C.I.S.A. reúnese con representantes do PP para trasladarlle as súas necesidades e preocupacións

A.C.I.S.A. DEMANDOULLES AOS REPRESENTANTES POPULARES COS QUE SE REUNIU ONTE BOLSAS DE PAPEL GRATUÍTAS PARA OS SEUS ASOCIADOS E MÁIS PASES PARA ACCEDER Á PRAIA DAS CATEDRAIS

A.C.I.S.A. mantivo un encontro nas últimas horas co deputado autonómico do PP Daniel Vega e cos concelleiros desta formación en Ribadeo, Jesús López e Juan Estévez.

Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo demandáronlle á administración galega “bolsas de papel en tres tamaños gratuítas para repartir entre os nosos asociados e asociadas de comercio e outras específicas para os restaurantes, co obxectivo de que os clientes poidan levar as botellas de viño que non remataron de consumir nas súas comidas e ceas. O que pretendemos con esta petición é aforrar custes e tamén vender a imaxe de Ribadeo”.

Outro dos asuntos que estivo enriba da mesa foi “a ampliación dos pases para acceder á praia das Catedrais. Queremos que ademais dos hoteis tamén os teñan os restaurantes. O obxectivo é ofrecer cada vez máis servizos á nosa clientela e deste xeito seguir medrando en número de asociados e asociadas en A.C.I.S.A.”.

A.C.I.S.A. estudiará nas vindeiras semanas “a posibilidade de trasladar a nosa oficina a outro local do que onte nos falaron o deputado e os concelleiros populares”.

No encontro celebrado onte participaron o presidente de A.C.I.S.A., Francisco Iriarte, o xerente, Jesús Pérez, o vicepresidente, Juan Andina, a secretaria, Mª Antonia López, a tesoureira, Manoli Torviso, así coma os vocais Rocío Pertejo e Diego Valcarce.