Acisa Ribadeo anima ás empresas locais a adherirse ao Bono Activa Comercio. A patronal ofrece asesoramento aos negocios que o precisen.

19

Acisa anima ás empresas locais a adherirse ao Bono
Activa Comercio da Xunta. A patronal ofrece asesoramento e apoio aos negocios que o
precisen e tamén aos clientes.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “esta é unha importante actividade
da que os nosos negocios poden beneficiarse, por iso os animamos a que se adhiran a
unha campaña, que o que persegue é a dinamización do comercio local. Nesta campaña
da Xunta de Galicia póñense a disposición bonos de 30 euros, que se reparten en
descontos de 5, 10 ou 15 euros dependendo do importe de cada compra”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “tal e como vimos facendo sempre dende
Acisa, con motivo desta nova edición do Bono Activa Comercio, actuamos como
entidade colaboradora e polo tanto prestamos apoio e asesoramento tanto a empresas
como a particulares nos procesos de adhesión dos negocios, na descarga e tamén no
uso dos bonos por parte dos clientes. Para elo calquera interesado poderá pasar polas
oficinas de Acisa ou ben poñerse en contacto con nos mediante chamada de telefono
ou enviando un correo electrónico”.

Cruzado Iglesias dixo que “as socias e os socios de Acisa Ribadeo contan desde hoxe no
seu correo electrónico con toda a información sobre esta campaña, pero nesta ocasión
coma nas pasadas edicións o noso asesoramento e apoio será para todo o empresariado
que o necesite e para toda a súa clientela. A cantos máis chegue a información e o noso
apoio mais contribuiremos ao éxito no desenvolvemento de accións deste tipo”.
Pérez Prada subliñou que “é importante que os negocios locais se adhiran á campaña do
Bono Activa Comercio da Xunta. O aforro do que se beneficia o cliente non afecta ao
comercio coma un desconto, é dicir non lle supón cobrar menos. Ambas partes saen
beneficiadas: o cliente gasta menos por compra e o comercio ingresa o mesmo. O
cliente sae contento pola compra feita e o negocio pode fidelizar nova clientela”.
Os comerciantes interesados en participar nesta nova campaña dos Bonos Activa
Comercio poderán adherirse desde hoxe. E a descarga e o uso para clientes será a
partires do 26 de abril ao 15 de setembro ou ata o fin do crédito deste programa. Desde
Acisa recomendan que “os comercios se adhiran o antes posible e que os clientes
consuman eses descontos axiña, porque os Bonos Activa Comercio esgótanse moi
rápido”.

Formación

Onte, luns, tivo lugar a segunda tarde de formación sobre Facebook e creación de
contidos nesta rede social, organizado por Acisa Ribadeo y Acelera Pyme Rural Asime
Lugo. Vinte persoas asistiron á cita que se celebrou na Casa del Viejo Pancho. O curso foi
impartido por Lilián Pérez, de Donapubli.

O vindeiro luns, 22 de abril, tamén en horario de 18 a 20 horas a formación estará
centrada en Instagram.

Para asistir é necesario inscribirse previamente nas seguintes direccións de correo
electrónico: info@acisaribadeo.es o lugo@acelerapyme.asime.es