ACISA Ribadeo aprobou por unanimidade na asemblea xeral ordinaria o seu orzamento para 2023 que ascende a 122.000 euros.

24

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e
Autónomos celebrou no dia de onte a súa asemblea xeral ordinaria, na que se deu
conta do traballo realizado no pasado ano e dos principais proxectos para este 2023.

Segundo explicou o xerente de Acisa, Jesús Perez, “onte aprobouse a conta xeral de
ingresos e gastos de 2022. O exercicio pasado pechouse cun saldo positivo de algo mais
de 1.000 euros, algo de demostra a boa xestión que dende Acisa Ribadeo facemos dos
nosos recursos económicos, xa que gastamos solo o que ingresamos, a pesar das
múltiples actividades que temos, e mantemos as contas en números positivos.
Pechamos as contas con 122.895,56 euros de gasto, dos que máis de 50.000 euros foron
destinados a preto de 20 campañas propias, 10.000 euros para colaboracións con 12
eventos doutras entidades, preto de 5.000 euros en vales de compra e o resto en gastos
fixos. Do mesmo xeito presentamos uns ingresos por 114.220,34 euros dos que algo
mas de 40.000 euros proceden das coutas dos asociados e asociadas e patrocinadores
privados, 16.000 do convenio anual do Concello de Ribadeo, 11.000 da Deputación de
Lugo e 43.000 euros da Xunta de Galicia”

Pérez Prada engadiu: “tamén se deu visto bo por unanimidade ao presuposto para
2023, que ascende a algo máis de 122.000 euros”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo que “para o presuposto deste ano houbo
algúns cambios, xa que quixemos aumentar a partida presupostaría para facer as nosas
propias campañas, e para iso creamos uns varemos para establecer as colaboracións
con outras entidades”.

Desde a presidencia e a xerencia de Acisa lembran que todos as socias e socios poden
consultar as contas con todo detalle nas oficinas da asociación.

Segundo indicou Carmen Cruzado “na xuntanza tamén se repasaron as actividades
realizadas ao longo de 2022 e se analizaron as posibles a levar adiante durante este
2023. Demos conta das axudas xa tramitadas por Acisa para este ano e das
colaboracións previstas nos presupostos”.

E engadiu: “o 2022 pechouse para Acisa con 144 socios. Agardarmos seguir medrando
nos vindeiros meses. Insistimos sempre en que cantos máis sexamos, máis posibilidades
temos de facer máis campañas e de conseguir máis cousas para as nosas asociadas e
asociados. Estamos agora cunha campaña de captación de socias e socios porta a porta,
que está dando os seus froitos pouco a pouco. Calquera empresa ou autónomo que
desexe formar parte da nosa asociación o único que ten que facer é poñerse en
contacto con nós na nosa oficina, onde os informaremos de todos os servizos que
prestamos, dos convenios con condicións vantaxosas que temos asinado con diferentes
empresas e entidades bancarias, así como das actividades feitas ou previstas para os
vindeiros meses”.

Todos os asuntos sometidos a votación na asemblea xeral ordinaria de Acisa Ribadeo,
celebrada onte no Teatro, foron aprobados por unanimidade.