ACISA Ribadeo colabora cos torneos infantís da SD Ribadeo

54
ACISA Ribadeo colabora cos torneos infantís da SD Ribadeo

VINTECATRO EQUIPOS PARTICIPARÁN NO XI TORNEO DE FÚTBOL INFANTIL, QUE ORGANIZA A SD RIBADEO E QUE SE CELEBRARÁ OS DÍAS 2 E 3 DE XUÑO NA LOCALIDADE

O salón de plenos do Concello acolleu a presentación do XI Torneo de Fútbol Infantil, que organiza a SD Ribadeo e que reunirá na vila os días 2 e 3 de xuño a un total de 24 equipos. No acto participaron o concelleiro de Deportes, David Rivas, a presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, o técnico municipal de Deportes, Iván López, e Miguel Peña, membro da directiva saínte da SD Ribadeo.

ACISA Ribadeo colabora cos torneos infantís da SD Ribadeo
XI Torneo de Fútbol Infantil

O edil de Deportes dixo que “desde o Concello debemos felicitar á SD por esta labor que fai todos os anos. Levar quince anos consecutivos organizando estes torneos de verán non é fácil, e máis agora co complicado que se puxo a organización de calquera evento coa lei nova do deporte. Esta xente non só celebra os torneos e os mantén ano tras ano, senón que aínda aumenta o número de equipos. Queremos desde o Concello dar a benvida a todos os clubs participantes, queremos ademais tamén facer mención á labor que fai a SD cos nenos e as nenas no deportivo e no espírito que lles inculca. Por exemplo debemos mencionar que o club para non entorpecer o torneo de veteranos que se celebrou a pasado fin de semana, os partidos de copa que tiña como local nesas datas decidiu cambialos para que o torneo se organizase con total normalidade. Do mesmo xeito o Ribadeo FC cando se celebra o torneo infantil da SD tamén cambia de data o seu partido de copa. Nosoutros valoramos eses actos, que os clubs mostren esa deportividade e se leven ben entre eles, penso que é o camiño que se debe seguir nun sitio como Ribadeo no que hai tres clubs e agora mesmo cunhas instalacións deportivas para a práctica do fútbol que estamos intentando mellorar. Somos conscientes de que non son as idóneas”. E engadiu: “desexar unha longa vida a estes torneos da SD e á nova directiva unha singladura chea de éxitos, e moita forza para seguir adiante con este club”.

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos colabora dun xeito modesto coa SD Ribadeo na organización desta cita e das outras dúas que se desenvolverán no mes de xuño. O seu presidente, Francisco Iriarte, declarou que “desde Acisa dar las gracias a la SD Ribadeo por los tres torneos que organiza en el próximo mes porque el comercio y la hostelería están muy agradecidos a ellos por la cantidad de gente que nos visita coincidiendo con los torneos, y nos hace mucho más visibles ante gente distante de Ribadeo, y así nos conocen y es fácil que vuelvan alguna vez. Nuestra aportación es muy pequeña, pero seguimos pensando en continuar colaborando porque esta gente ahora mismo ya son unos amigos y pensamos que entre todos juntos podemos hacer cosas buenas por Ribadeo”.

Miguel Peña, membro da directiva saínte da SD Ribadeo, subliñou que “sempre me gusta facer reseña do que é o memorial, para min un bo amigo, ademais de moi boa persoa, como era Paco da Canela. É o torneo que facemos en homenaxe a el e aos seus nenos, porque eran os nenos que adestraba. Este torneo conta con 24 equipos e este ano hai a singularidade de que veñen quizais os máis fortes de Asturias e Galicia, como son o Spórting de Xixón e o Celta de Vigo. A min préstame que veñan eses equipos porque teñen moito nome e, grazas a eles e ao traballo da nosa directiva e á directiva entrante nova, conseguimos este ano un fito histórico que é que vai haber 24 equipos”.

Peña dixo que “en fútbol once en infantís é unha cousa moi rara porque pasamos nestes catro anos de ter 8, 12, 16 e este ano 24 equipos. Esperemos que siga crecendo e que vaia a máis, síntome moi orgulloso dese logro a nivel persoal e de todo o club, tanto da directiva nova, que xa empezou traballar como a que nos despedimos con estes torneos. Quero lembrar, ademais da persoa de Paco da Canela, a Acisa, tanto a directiva anterior como a nova que hai agora, sempre se volcaron con nosoutros, non temos máis que palabras de agradecemento, para nós é case un dos nosos maiores activos porque se non fora por eles moitas das cousas que facemos non poderíamos chegar a facelas. Iso máis todos os restaurantes, bares, hoteis, tendas de deportes, toda a xente que nos axuda, a marca deportiva Luanvi, o Celta de Vigo porque nos trae o equipo aquí. Non me quero esquecer de ninguén, pero temos unha serie de colaboradores que nos axudan moito, e Acisa está sempre con nós, sempre cos nenos e sempre co deporte. E por último o Concello, a verdade é que este alcalde e estes concelleiros, como David, sempre apostaron por nosoutros e polo deporte base. Non é palabrería, a verdade é que eu só podo falar ben deles, aquí non se trata de política, trátase de nenos e de deporte, e non podo máis que falar ben deles porque con nosoutros cumpriron. Eu voume moi contento, dou un paso a un lado, entra unha directiva nova, e imos seguir traballando no mesmo camiño. Eu penso que indo xuntos da man todos xenial”.

E a presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, explicou que “o torneo infantil da vindeira fin de semana xogarase en dous campos, no Pepe Barrera e no da Devesa. Os equipos participantes son: Oza Juvenil, Cerecedo, Galicia Carranza, Escaratina Santa Lucía, Berima FC, Racing de Ferrol, Peña Berima, Andés, Astur, CD Tineo, Victoria, Real Sporting de Gijón, Sestao River Club, Oza Juvenil C, Amistade, Oural, CD Marino de Cudillero, Mariñas, Real Celta de Vigo, River Piles, Peña Berima A, e os equipos locais SD Ribadeo e Barres. O horario dos torneos será sobre as dez da mañá no Pepe Barrera, e no da Devesa sobre as once menos cuarto. Contamos terminar a fase do sábado sobre as nove da noite nos dous campos, e o domingo xogaremos outra vez nos dous campos, empezará sobre as dez menos cuarto e terminará a final sobre as sete e media da tarde”.

ACISA Ribadeo colabora cos torneos infantís da SD Ribadeo
ACISA Ribadeo colabora cos torneos infantís da SD Ribadeo