
Hoxe tivo lugar a presentación oficial do Vendaval Fest. No acto Acisa Ribadeo participou como entidade colaboradora deste importante evento.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, comentou que “dende Acisa Ribadeo colaboramos nesta nova edición do Vendaval Fest, un festival musical que se está a asentar e consolidar coma un referente e cita imperdoable para centos de persoas. Acisa colabora economicamente coa asociación Catro Caños, promotora do evento, sempre dentro das nosas humildes posibilidades, pero facémolo coa firme convicción de que actividades deste tipo son boas para o conxunto e Ribadeo e por suposto para o tecido hostaleiro e comercial asociados”.
Pérez Prada dixo: “ademais no caso do Vendaval Fest, estamos moi satisfeitos de ter conseguido xerar sinerxías, entre eles e nos, indo mais aló dunha colaboración económica, cunha campaña conxunta que pretende promocionar o comercio e a hostalaría local entre os asistentes ao festival. O ano pasado puxemos en marcha a campaña Os prezos saen voando na que mais de 15 establecementos asociados a Acisa ofreceron descontos especiais para os asistentes ao festival, solo sendo necesario posuír a pulseira de acceso ao festival e ensinala á hora de pagar, e así o negocio aplicaba o desconto ou promoción á compra ou consumición realizadas. E por elo nesta edición repetiremos esta campaña que o pasado ano funcionou tan ben, e conseguiu que o Vendaval Fest repercutira tamén no comercio e na hostalaría da vila, e non se quedara só no recinto do festival”.
Pérez Prada manifestou: “queremos desexarlle a mellor das sortes ao Vendaval Fest nesta terceira edición, que seguro vai ser un éxito. Dende Acisa consideramos que iniciativas así son moi importantes para o fomento da economía local, estamos seguros de que moitos veciños e veciñas animaranse esta fin de semana a saír e desfrutar das compras na nosa vila e de gozar da oferta hostaleira local, e que serán moitos os visitantes que se acheguen a Ribadeo grazas á musica e a proposta do Vendaval Fest, por iso desde Acisa quixemos colaborar neste evento”.
E engadiu: “ dende Acisa Ribadeo queremos agradecer aos organizadores do Vendaval Fest que quixeran contar con nos como colaboradores e que ademais buscasen a fórmula para involucrar ao tecido empresarial co seu festival. É de destacar e de agradecer que toda a inversión que ten o festival se faga en empresas locais, contribuíndo así na economía local ribadense. Implican a todo tipo de empresas e fan que o festival vaia máis aló do propio recinto. Parécenos moi importante a colaboración público privada para entidades e eventos deste tipo, así como a presenza de patrocinadores privados, que neste caso moitos deles son firmar de Ribadeo, que confían neste evento como motor económico”.
Ao acto de presentación do Vendaval Fest, celebrado este sábado en Ribadeo, acudiron entre outros tamén representantes do Concello, da Deputación e da Xunta.