ACISA Ribadeo fai un balance positivo do 2021. Neste ano que remata a Asociación organizou ou participou en máis de 40 actividades, colaborou en diversos eventos doutras entidades, obtivo un premio nacional de comercio, adheriuse a confederación española de cascos históricos e prevé pechar o ano coas contas saneadas.

65

Acisa Ribadeo fai un balance positivo do ano 2021, no que organizou mais de 40 actividades, colaborou en diversos eventos doutras entidades, obtivo un premio nacional de comercio, adheriuse a confederación española de cascos históricos e prevé pechar o ano coas contas saneadas.
Segundo explica o presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, “neste ano
organizamos ou participamos en mais de 40 actividades ou iniciativas de dinamización
comercial e hostaleira, algunhas tan novidosas como importantes como por exemplo a
resinalizacion comercial e turística da vila ou a promoción do Camiño de Santiago.
Colaboramos con diversas actividades de tipo deportivo, cultural… como o Torneo de
Veteranos, coa SD Ribadeo, coa Media Maratón…, actividades que atraen potenciais
clientes. Ademais foi o ano no que mais materiais gratuítos, 25.000 bolsas, puidemos
entregar grazas os convenios do Concello de Ribadeo. E certo que non todo é bo, xa que
a pandemia estanos pasando factura na cifra de asociados, que se mantén preto dos
160, pero que debido á crise económica e aos peches está a diminuír”.
Iriarte Quintana subliñou que “foi un ano moi intenso no que tamén fixemos grandes
esforzos en asesoramentos e información, relativos aos cambios normativos derivados
da Covid, así coma á información sobre axudas e subvencións”.
O presidente de Acisa dixo que “seguimos apostando pola entrega de materiais
gratuítos aos nosos socios e socias, como un dos grandes beneficios de ser membro de
Acisa, pouco a pouco aumentamos os presupostos para que durante todo o ano os
socios teñan á súa disposición materiais que lles axudan a aforrar custes nas súas
empresas, modernizamos a imaxe comercial e turística e dixitalizámola mediante os
códigos QR-WEB, traballamos na posta en valor do Camiño de Santiago creando a nosa
propia marca e fomos capaces de manter as actividades habituais”.

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús
Pérez, indicou que “se falamos de cifras este ano 2021 manexamos un presuposto que
no peche de contas roldará os 130.000 euros, que estimamos xerarían neste ano o
redor de 6.000.000 euros, cantidade menor do previsto por mor da pandemia, pero
dentro dos parámetros esperados. Repartíronse preto de 5.000 euros en vales de
compra, xeramos unhas 900 publicacións en prensa, o noso perfil de Facebook segue
medrando con mais de 1,5 millóns de visualizacións, e a nosa app ronda os 1.000
usuarios. Respecto ao número de socios, roldamos os 160, tras unha certa baixada
dende comezo do ano, que ven dada polos peches, xubilacións e baixas de negocios que
tiveron que reducir ao máximo os seus gastos para poder subsistir”.
E engadiu “neste ano 2021 houbo tres fitos que merecen especial mención, o xa
coñecido áccesit dos premios nacionais de comercio interior, que premiaron o
desenvolvemento e crecemento de Acisa nos últimos 5 anos, a adhesión á
Confederación Nacional de Cascos Históricos, que nos pon na primeira división das
asociacións de comerciantes, e que previsiblemente pecharemos o 2021 coas contas
cun resultado positivo”.
A este respecto Iriarte sinalou “para esta xunta directiva é un orgullo poder dicir que
tras anos de contención do gasto, de pasar o ano pasado de pandemia con 18.000
euros de déficit por mor da cancelación de cotas, na asemblea do ano que ven e mais
que probable que poidamos presentar unhas contas completamente saneadas, algo que
para nos é vital ante un ano de relevo na dirección de Acisa. Isto foi posible grazas ás
boas decisións desta directiva, á colaboración e xenerosidade dos socios e á boa xestión
realizada pola xerencia, segundo unha política de contención do gasto, e austeridade”.
Presidente e xerente insistiron en que “Ribadeo segue sendo referente comarcal tanto
en Galicia coma en Asturias no comercio, na hostalaría e no turismo, e agora tamén a
nivel nacional. Somos o mellor lugar onde se pode comprar, á vez que podes desfrutar
da mellor gastronomía e tendo as mellores vistas. Poucos lugares poden ofrecer tanto
coma nos. Dende Acisa seguiremos a traballar nos nosos obxectivos, que son facer
medrar a Ribadeo e aos seus negocios, axudando a manter eses mais de 600 postos de
traballo que xeran os nosos asociados e asociadas e esperando que de unha vez por
todas esta pandemia remate e nos permita neste ano 2022 ter unha recuperación xusta

e real”.
Dende Acisa, agradecen a os seus socios e socias a súa confianza, e ás administracións
local, provincial e autonómica a súa colaboración, e deséxanlles a todos os veciños e
visitantes unhas felices festas e un feliz e prospero ano 2022.