ACISA Ribadeo impartirá mañá, 25 de abril, un curso de redes sociais para empresas

21

ACISA RIBADEO IMPARTIRA MAÑÁ, 25 DE ABRIL, UN CURSO DE REDES SOCIAIS PARA EMPRESAS.

TRÁTASE DUNHA ACTIVIDADE GRATUÍTA, ABERTA A TODO O PÚBLICO INTERESADO.

Acisa Ribadeo impartirá mañá, 25 de abril, un curso de redes sociais para empresas. Trátase dunha actividade gratuíta, aberta a todo o público interesado. Terá lugar no salón de actos do edificio de sindicatos (Av. De Galicia 20 – Bajo – Ribadeo) a partir das 20.30 horas.

Segundo explica o xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, “o obxectivo do curso será o de dotarnos de ferramentas para o uso das redes sociais desde un punto de vista profesional, separándoas das persoais e para sacar o máximo partido dos recursos ao noso alcance. Abordaremos contidos específicos como a linguaxe propia das RRSS, o traballo de marca dixital ou o mundo dos influencers. Ademais intentaremos aproveitar o curso ao máximo”.

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, conta que “o curso correrá a cargo de Sergio Irigoyen Vázquez, licenciado en Xornalismo con especialidade de xornalismo electrónico e multimedia pola Universidade de Santiago de Compostela. Con 13 anos de experiencia profesional exerceu como xornalista en varios medios de comunicación, e desde 2016 dedícase ao márketing, redes sociais, arquitectura dixital, estratexia online e formación especializada neste sector”.

Este curso de formación gratuíta enfocado aos socios de Acisa Ribadeo, pero aberto ao público en xeral, enmarcase na oferta de servizos contemplada no convenio de colaboración entre A Mariña Asesores, socio de Acisa, e a asociación.