ACISA Ribadeo incorpora a partires do vindeiro luns, 21 de setembro, unha nova traballadora á súa plantilla

88

ACISA RIBADEO INCORPORA UNHA NOVA EMPREGADA DURANTE OS VINDEIROS OITO MESES.

O CONTRATO ENMÁRCASE NO PROGRAMA DE AXUDAS Á CONTRATACION PARA ORGANISMOS INTERMEDIOS DA SECRETARIA XERAL DE EMPREGO DA XUNTA DE GALICIA.

ACISA Ribadeo incorpora a partires do vindeiro luns, 21 de setembro, unha nova traballadora á súa plantilla. O contrato enmárcase no programa de axudas á contratación para organismos intermedios da Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia.

O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte, explica que “se trata dunha contratación dentro do programa de axudas a contratación para organismos intermedios da Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, coa que vamos poder contar durante os próximos oito meses cunha nova empregada na asociación. Queremos agradecer unha vez mais á Xunta a súa colaboración e implicación coa nosa entidade”. Iriarte conta que “as súas funcións serán as de complementar e apoiar as labores que xa se veñen desenvolvemento dende a xerencia de Acisa, a transformación dixital, o asesoramento aos asociados e asociadas, o relanzamento comercial do colectivo empresarial mediante captación de novos socios e a prestación de novos servizos”.

Jesús Pérez, xerente de Acisa, subliña que “esta nova incorporación seranos de moita utilidade. A dia de hoxe estamos a traballar en múltiples iniciativas de cara o que queda de ano e a primeira metade xa de 2021. Se todo vai como ata o de agora, veñen meses con moita actividade para nos. Vimos de presentar un proxecto moi importante para como é o de Barrios e Vilas Mariñeiras, que seguirá crecendo e ampliándose; temos a App en funcionamento, que recibiu un gran apoio; estamos traballando para rematar o antes posible a plataforma de venda online de Acisa, que sen dubida será un referente; estamos a traballar na entrega de materiais gratuítos para socios e socias nos vindeiros meses e na programación de actividades, especialmente nas de Nadal; temos que rematar o proceso de renovación de imaxe da asociación que se comezou fai uns meses e a modernización dos procesos de traballo internos. A ampliación dos servizos que ofrecemos aos nosos asociados tamén é unha das nosas prioridades. Pouco a pouco parece que isto se nota e estamos moi contentos de que vaia en ascenso o número de asociados e asociadas”.

Acisa ven de sumar 6 novos socios: For Friends, Goia’s, El Portolés, Araucaria Gastronómico, Consens Consultoría de Comunicación e Industrial Anel. Francisco Iriarte engade: “isto cremos que é unha boa mostra do esforzo por seguir traballando e medrando, e de que ese esforzo vese por parte do comercio e da hostalaría da vila, algo que sempre é de agradecer. Esperamos que cos novos servizos e novidades que imos ter grazas á ampliación do persoal de Acisa nos vindeiros meses sexan mais os establecementos que se animen a darse de alta na nosa asociación”.

Acisa suma mais de 170 establecementos asociados, “cifras que non se daban desde hai uns anos”.