
ACISA Ribadeo vén de incorporar ao seu equipo a Ana Karen, que desempeñará as funcións de técnica da asociación durante os próximos nove meses.
Entre as súas principais tarefas estarán o apoio á xerencia, a atención aos socios e socias, a realización de labores administrativas e a colaboración na organización e desenvolvemento das diferentes actividades e campañas da entidade.
Esta contratación realízase grazas ás subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, convocatoria 2026.
Desde ACISA Ribadeo dámoslle a benvida a Ana Karen, desexándolle unha excelente experiencia profesional nesta nova etapa.















