ACISA Ribadeo sorteará en San Valentín 11 ceas para dúas persoas e unha estancia de dúas noites nun aloxamento a escoller entre máis de 1.500 destinos.

135

Acisa Ribadeo sorteará na súa campaña de San Valentín
11 ceas para dúas persoas e unha estancia de dúas noites nun aloxamento a escoller
entre máis de 1.500 destinos.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “a campaña desenvolverase do 3
ao 13 de febreiro no comercio ribadense. As persoas que durante este período de
tempo realicen as súas compras nos negocios asociados recibirán papeletas para entrar
no sorteo de San Valentín”.

Cruzado Iglesias dixo que “vanse repartir en total 6.000 papeletas nesta campaña. O
sorteo non presencial das ceas e da estancia nun hotel farase o 14 de febreiro nas
instalacións de Acisa e o seu resultado darase a coñecer, coma sempre, a través das
nosas redes sociais e dos medios de comunicación”.

As ceas serán nos restaurantes Galipizza, A Horta de San Roque, Don Buchi, La Solana,
Asador La Quinta, Javier Montero, El Rincón del Gordo, O Indiano, Queimada, San
Miguel e Galicia. E a estancia nun aloxamento é unha colaboración de Viaxes Eroski. O
xerente de Acisa, Jesús Pérez, agradece “a xentileza dos nosos hostaleiros e hostaleiras
asociados, xa que grazas a eles podemos sortear ese número importante de ceas para
gozar en parella. E tamén grazas a Viaxes Eroski porque dúas persoas poderán pasar
unha fin de semana de desconexión a elixir entre 1.500 destinos”.

A presidenta de Acisa engadiu que “este ano a campaña de San Valentín vai ser especial,
porque vai dar comezo mañá, día 3, e vaise prolongar ata o 18 de febreiro con outras
novidades que iremos desvelando ao longo dos vindeiros días”.

A campaña de San Valentín deste 2023, organizada por Acisa coa colaboración da Xunta
de Galicia, foi presentada nas instalacións do colectivo empresarial. No acto
participaron a presidenta, a tesoureira, o secretario e o xerente da Asociación de
Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Carmen Cruzado, Manoli Torviso,
Felipe Fernández e Jesús Pérez, que animaron á veciñanza “a seguir apoiando, como
sempre o veñen facendo, ao comercio e á hostalería de Ribadeo”.