Acisa Ribadeo sorteou esta mañá os premios da
campaña de San Valentín. Trátase de dúas viaxes para dúas persoas a escoller entre
5.100 destinos.
Segundo indicou o xerente da asociación, Jesús Pérez, “na maña de hoxe vimos de
realizar o sorteo non presencial nas nosas oficinas dos premios da campaña Namórate
con Acisa, con motivo da celebración do día de San Valentín. Os números agraciados son
o 4.548, entregado en For Friends; e o 1.665 entregado en Miss-tic”.
Pérez Prada dixo que “tal e como indican as bases da campaña o sorteo realizouse a
porta cerrada nas oficinas de Acisa na mañá de hoxe, 14 de febreiro, e foi retransmitido
en redes sociais, onde se pode consultar o vídeo. O sorteo realizouse mediante un
programa de xeración de números aleatorios entre as rifas editadas, que nesta ocasión
foron un total de 8.000”.
E conclúe: “as persoas posuidoras das rifas gañadoras teñen ata o dia 23 de febreiro
para reclamar os seus premios nas oficinas de Acisa Ribadeo”.
A directiva de Acisa agradece “a confianza dos nosos veciños e veciñas por mercar os
seus regalos de San Valentín no comercio asociado, e animamos a que no dia de hoxe e
nesta semana, poidan celebraralo tamén na hostalería asociada, compartindo e
saboreando unha comida ou cea romántica, coas mellores propostas gastronómicas que
atoparán en Ribadeo”.