Acisa Ribadeo sorteou esta mañá os premios da
campaña do día do pai. Trátase dunha experiencia de condución Siente el asfalto e dun
reloxo Time Force. Ambos premios están valorados en 500 euros.
Segundo indicou o xerente da asociación, Jesús Pérez, “na maña de hoxe vimos de
realizar o sorteo non presencial nas nosas oficinas dos premios da campaña O mellor
para Papa, con motivo da celebración do día do pai. Os números agraciados son o
1.070, entregado en A Flote e que corresponde ao premio da experiencia de condución
doada por Viaxes Eroski; e o 6.552 que foi entregado en R23 e que corresponde ao
reloxo Time Force doado por Xoiería Azabache”.
Pérez Prada dixo que “tal e como indican as bases da campaña o sorteo realizouse a
porta cerrada nas oficinas de Acisa na mañá de hoxe, 20 de marzo, e foi retransmitido
en redes sociais, onde se pode consultar o vídeo. O sorteo realizouse mediante un
programa de xeración de números aleatorios entre as rifas editadas, que nesta ocasión
foron un total de 8.000”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou: “as persoas posuidoras das rifas
gañadoras teñen ata o dia 3 de abril para reclamar os seus premios nas oficinas de Acisa
Ribadeo ou no WhatssApp 663 39 62 26, dado que veñen días festivos e a nosa oficina
estará pechada”.
Cruzado Iglesias agradece “a confianza dos nosos veciños e veciñas por mercar os seus
regalos do dia do pai no comercio asociado, e que se animaran a celebraralo tamén na
hostalería asociada, compartindo e saboreando unha comida ou cea en familia, coas
mellores propostas gastronómicas que atoparon en Ribadeo e que seguirá a atopar para
vindeiras ocasións especiais”.
Desde Acisa Ribadeo agradecen “a colaboración de Viaxes Eroski, de Time Force e de
Xoiería Azabache para realizar esta campaña do día do pai”.