ACISA sorteará 45 botellas de viño magnum Azpilicueta crianza nos locais hostaleiros asociados. Este é o broche de ouro da súa campaña de San Valentín.

59

Acisa Ribadeo sorteará 45 botellas de viño magnum
Azpilicueta crianza nos locais hostaleiros asociados. Este é o broche de ouro da súa
campaña de San Valentín.

Desde Acisa o xerente, Jesús Pérez, explica que “aquelas persoas que fagan
consumicións por importes superiores a 10 euros entre o 13 e o 17 de febreiro poderán
cubrir unha casiña nas cartulinas que atoparán nos locais hostaleiros asociados. É moi
sinxelo elixen un número do 0 ao 99 e poñen nesa casiña o seu nome e o seu teléfono. E
logo teñen que estar atentas e atentos ao sorteo da Lotería Nacional do sábado 18 de
febreiro. Gañará a botella de magnum a casiña cuxos números coincidan coas dúas
últimas cifras do primeiro premio do devandito sorteo da Lotería Nacional”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, sinala que “son 45 botellas as que se poñen en
xogo. Iso quere dicir que haberá 45 premiadas e premiados, que poderán consumir a
súa botella de viño magnum Azpilicueta crianza no propio local hostaleiro no que
resulten premiados”.

Pérez Prada anima “a ribadenses e visitantes a participar na campaña de San Valentín
na hostalería ribadense, onde tamén moitos dos nosos asociados e asociadas ofrecerán
menús especiais ao longo destes días. Neste 2023 quixemos programar cousas
diferentes. A este Namórate cun bo viño, que se desenvolverá a vindeira semana, únese
a presenza da Tuna do Camiño, que esta tarde noite amenizará as rúas de Ribadeo, e
tamén a campaña que deu comezo no comercio o pasado 3 de febreiro e que se
prolongará ata o día 13. Lembramos que o 14 faremos o sorteo de 11 ceas para dúas
persoas cada unha e dunha estancia de dúas noites para unha parella a elixir entre
1.500 destinos”.

Cruzado Iglesias engade: “queremos agradecerlle a Pernod-Ricard esta colaboración
para poder levar adiante a campaña Namórate cun bo viño. Agardamos que sexa o inicio
dunha relación que nos permita levar adiante máis iniciativas que contribúan á

dinamización da hostalería de Ribadeo. Grazas tamén aos restaurantes que nos regalan
as ceas que imos sortear o vindeiro martes, grazas a Viaxes Eroski e á Xunta de Galicia,
que colabora con Acisa nesta campaña de San Valentín de 2023”.
A presidenta, o secretario e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado, Felipe Fernández e
Jesús Pérez, presentaron Namórate cun viño xunto a Juan José Hernández Porto,
delegado de Pernod-Ricard.