
As instalacións de Acisa Ribadeo acolleron esta mañá o sorteo da campaña do Día da Nai, na que se repartiron 10.000 papeletas.
As persoas afortunadas son: Sergio Fernández González, de Figueras, por unha compra en Atleet, que o levará a visitar Bodegas Docampo en Ribadavia e a gozar da estancia dunha noite no seu hotel Pazo Carballo; ao igual que Gloria Fernández, de A Fonsagrada, por unha compra en Ginzo, que tamén viaxará a Ribadavia; e Loli García, de Luarca, levará unha colección de Mon Castro para Terra Branca, por unha compra realizada en Mistic.
Desde Acisa agradecen “a fidelidade da clientela no comercio local de Ribadeo para esta tradicional cita. A acollida desta campaña foi un éxito, que agardamos repetir en futuras edicións e tamén nas vindeiras actividades que se desenvolverán ao longo das vindeiras semanas e meses”.
A entrega dos premios terá lugar mañá, venres, ás 17:00 horas na oficina de Acisa Ribadeo.
















