Al festas patronais de Ribadeo darán comenzo mañá co pregón que pronunciará José Rodil.

15

As festas patronais de Ribadeo darán comezo mañá, 29 de agosto, co pregón que pronunciará José Rodil, ex secretario do Concello de Ribadeo e persoa vinculada a moitas actividades culturais na vila. A comisión presentou o cartel no Salón dos Alcaldes do Concello.

Tras o pregón haberá pasarrúas e pola noite festa con varios djs. Por diante un amplo programa de actividades ata o 8 de setembro con xornadas dedicadas aos nenos e aos maiores. O recinto feiral volveu este ano ao aparcadoiro municipal, a onde están a chegar xa moitas atraccións estes días. Os fogos do 7 serán no peirao. E o día da patroa, 8 de setembro (festivo local), terá lugar o concerto de Ráfaga.

Na presentación do cartel xunto á comisión organizadora estiveron o alcalde, Dani Vega, así como a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.