AS FOTOS DE ALBERTO GONZÁLEZ E PAULA RUBIERA FORON AS ELIXIDAS POLO XURADO COMO AS GAÑADORAS DO IX CONCURSO DO DÍA DO PAI, CONVOCADO POR ACISA. E PARA O PÚBLICO A MELLOR IMAXE FOI A DE TATIANA PÉREZ.

Por el mismo patrón, de Alberto González foi a foto elixida polo xurado como a mellor presentada ao IX Concurso do Día do Pai, que convocou Acisa a través de facebook. Obtivo un total de 39 puntos de valoración. O afortunado recibirá 150 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. E Máis de tres xeracións nunha soa imaxe, de Paula Rubiera foi para o xurado a segunda mellor imaxe. Recibiu 30 puntos e levará 100 euros en vales de compra como agasallo.

Por el mismo patrón, de Alberto González

Desde Acisa lembran que “estas dúas fotografías foron votadas polo xurado entre as 10 que recibiron máis me gustas no facebook. A decisión foi complicada, xa que entre a primeira e a quinta houbo só 8 votos de diferenza, proba da calidade das fotos. A resolución do xurado, formado por membros da directiva de Acisa e por fotógrafos profesionais asociados como El Farero Audiovisuales e Foto Miguel, así como as votacións na app habilitada para a ocasión, poden ser consultadas en Acisa por calquera participante”.

Máis de tres xeracións nunha soa imaxe, de Paula Rubiera

E 359 votos en facebook obtivo a foto Descansando con papá, de Tatiana Pérez. O público decidiu así que esta é a mellor foto presentada ao Concurso do Día do Pai de Acisa. A afortunada recibirá 150 euros en vales de compra.

Descansando con papá, de Tatiana Pérez

Os gañadores disporán de dous meses para gastar os seus premios nos establecementos asociados a Acisa. As tres imaxes estarán expostas en Foto Miguel ao longo dos vindeiros días.

Neste IX Concurso Fotográfico Día do Pai participaron 55 persoas, superándose así o récord do ano pasado e contabilizáronse máis de 3.700 votos. Desde Acisa subliñan que “arredor de 14.000 persoas viron ou interactuaron coa publicación do concurso, o que nos indica que viron todo o publicado polos nosos asociados ao longo deses días, do 6 ao 19 de marzo, reforzando así a importancia das nosas redes sociais como escaparate para os nosos socios”.