As primeiras Xornadas de Exaltación da Lura terán lugar en Ribadeo do 25 ao 27 de novembro. Están organizadas por ACISA e contan co financiamento de Medio Rural e do Mar da Deputación.

91

As primeiras Xornadas de Exaltación da Lura terán
lugar en Ribadeo do 25 ao 27 de novembro. Están organizadas por Acisa e contan co
financiamento da Área de Medio Rural e do Mar da Deputación. Participan 20 locais
hostaleiros. O evento gastronómico foi presentado esta mañá.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “do 25 ao 27 de novembro terán
lugar as Xornadas Gastronómicas de Exaltación da Lura nas que participarán 20 locais
hostaleiros de Ribadeo, que van ofrecer tapas e pratos preparados con este produto”.
Cruzado indicou que “grazas ao financiamento da Área de Medio Rural e do Mar da
Deputación puidemos desde Acisa organizar estas xornadas e mercar 250 quilos de lura,
que imos distribuír de xeito gratuíto entre os bares, mesóns e restaurantes. Cada un vai
recibir 12 quilos e medio. As diferentes elaboracións poderán atoparse nas redes sociais
de Acisa uns días antes da celebración das Xornadas Gastronómicas de Exaltación da
Lura, para que se poidan consultar e coñecer as propostas de cada local. Son 20
establecementos, dos que 15 están na vila de Ribadeo, 2 no porto deportivo, 2 en Rinlo
e 1 en Covelas, co que espallamos esta cita gastronómica polas parroquias nas que
tamén temos asociados de hostalería”.

A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos subliñou
que “esta é a primeira vez que desde Acisa regalamos materia prima para a elaboración
das tapas e dos pratos ás nosas asociadas e asociados. O que pretendemos deste xeito é
aforrarlles custes”.

Carmen Cruzado dixo que “con estas xornadas o que pretendemos é botar unha man e
axudar á dinamización do sector hostaleiro en tempada baixa”. E animou “á veciñanza
de Ribadeo e a de toda a contorna, tanto galega como asturiana, a saborear as
diferentes preparacións elaboradas con lura que atoparán na hostalería local.
Agardamos desde Acisa que sexa unha fin de semana de movemento en Ribadeo”.

Pola súa banda, a deputada provincial responsable de Área de Medio Rural e do Mar,
Mónica Freire, manifestou que “a Área de Medio Rural e do Mar da Deputación de lugo
colaborará con Acisa para a organización das Xornadas Gastronómicas de Exaltación da
Lura, que se celebrarán do 25 ao 27 de novembro en Ribadeo”.

Freire Rancaño sinalou: “trátase da primeira edición desta cita gastronómica, na que a
hostalaría ribadense ofrecerá pratos, menús ou tapas coa lura como ingrediente
principal. A través da colaboración da área provincial, Acisa distribuirá entre os locais
participantes un total de 250 quilogramos de produto para preparar as receitas”.
A deputada Mónica Freire sinalou que “a iniciativa pretende poñer en valor o produto
de proximidade e do mar, cun ingrediente popular, moi demando na restauración” e
destacou tamén “que as xornadas contribúen a dinamizar a hostalaría nun mes de
menor actividade que a rexistrada noutros momentos do ano, e especialmente delicado
para o sector polo prezo da luz e doutros subministros”.

A responsable da Área de Medio Rural e do Mar indicou que “a esta actividade a Área
de Medio Rural e do Mar achegará 5.000 euros para o financiamento das xornadas”.
Os locais participantes son: Bar Queimada, Galipizza, Bar Galicia, O Lar de Manolo, El
Rincón del Gordo, La Quinta, A Horta de San Roque, Delicatés, O Indiano, La Solana,
Rosalar, Cienfuegos, A Mirandilla, La Bugalla, Bar Portillo, Restaurante Javier Montero,
O Alén, La Lira, San Miguel y Casa Domingo.

Ao acto de presentación acudiron algúns dos hostaleiros participantes, a deputada
Mónica Freire, o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, a
presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, e o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez.