Asociación Española contra o cancro celebra o 13 de xuño a II andaina «Ribadeo en marcha contra o cancro»

13

A segunda edición Ribadeo en Marcha Contra o Cancro celébrase o sábado, 13 de xuño, ás 11:00h con saída dende o Parque de San Francisco en Ribadeo. Esta actividade lúdico – deportiva, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo estará aberta a todas as idades. O obxectivo é concienciar sobre a importancia dun estilo de vida saudable para a prevención do cancro, baseado nunha alimentación adecuada e na actividade física. As inscricións para participar na andaina pódense facer de forma online, a través de esta url https://enmarcha.contraelcancer.es/es/ evento/ribadeo-en-marcha-contra-o-cancro-2026 e de forma presencial do luns, 8 de xuño, ao venres, 12 de xuño, de 12:00 a 14:00h na rúa Viejo Pancho Nº2, 27700 Ribadeo.

O mesmo día do evento, 13 de xuño, a partir das 10:00h na Oficina de Turismo vella: C/Rinconada de San Francisco.

Dende a Asociación Española Contra o Cancro agradecemos o patrocinio de Solán de Cabras e Acisa Ribadeo; e a colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski Center e o Cluster Galego do Deporte.

Asociación Española Contra o Cancro en Lugo 982 25 08 09 asociacióncontraelcancer.es Para a xente que se inscribiu de forma online, poderán recoller a sua camiseta o propio día da andaina na Oficina de Turismo vella: Rúa Rinconada de San Francisco a partir das 10:00h. Ao finalizar a andaina habrá un tentempé para os asistentes. Se non podes participar podes colaborar cun donativo, como inscrición solidaria, para a Asociación Española Contra o Cancro en Lugo. Todo o que se recade destinarase a seguir mellorando a vida das personas con cancro e as súas familias, e a impulsar a investigación oncolóxica, para conseguir un 70% de supervivencia no ano 2030. Grazas Ribadeo! Por participar e por a vosa solidariedade.