
O Concello de Ribadeo en colaboración con A.C.I.S.A. Ribadeo, dentro da súa oferta cultural para 2022, pretende levar a cabo a organización do DESFILE DE ENTROIDO 2022, o que supón entre outros aspectos o outorgamento de premios en metálico.
Inscripción: SOLICITUD PARTICIPACION
Consideramos que, ao formar parte esta celebración das festas tradicionais, contribúe á conservación do noso patrimonio e ao mesmo tempo á revitalización do tecido social e económico, nomeadamente neses días de celebración.
É por iso polo que facemos a seguinte proposta ao alcalde da Corporación para a aprobación dunhas BASES DO CERTAME DE ENTROIDO 2022 que inclúan as seguintes estipulacións:
– PARTICIPANTES. A participación está aberta a todas as asociacións, colexios, persoas físicas… que soliciten a inscrición.
– MODALIDADES E GRUPOS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes poderánconcursar nas modalidade de:
- CHARANGAS E/OU COMPARSAS (Agrupación formada por 10 ou máis persoas disfrazadas en base a un tema común e seguindo a normativa covid vixente para este tipo de eventos (Exemplo: obrigatoriedade de uso de máscara e prohibición de turutas).
- CARROZAS (Estarán remolcadas por vehículo ou construídas sobre vehículo. Haberá actuación dos/as participantes sobre a carroza. A carroza deberá garantir a seguridade dos/as participantes e espectadores.)
- GRUPOS (Agrupación de mínimo 3 persoas)
- PARELLAS
- INDIVIDUAL
- GRUPO INFANTÍL (Agrupación de mínimo 3 persoas)
- PARELLA INFANTÍL
- INDIVIDUAL INFANTIL
- MASCARITA: personaxe tradicional do entroido ribadense que se caracteriza polo seu espírito argalleiro e satírico. Poden optar a premio tanto os que participen de maneira individual como as persoas que o fagan en parella ou grupo.
– INSCRICIÓN.
Información: Para obter información sobre a maneira de inscribirse recomendamos chamar aos teléfonos 982 128 689 e 982 131 565.
Inscrición previa:
A inscrición pode realizarse no Rexistro das oficinas municipais ou a través do correo electrónico turismo@ribadeo.org. As bases e ficha de inscrición atoparanse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do portal www.ribadeo.gal.
- Na ficha de inscrición pídese nome e apelidos, DNI, domicilio, teléfono de contacto e nome da acción de entroido que presentará no desfile.
- O prazo de inscrición comeza desde o día seguinte da publicación das bases no BOP até o luns 28 de febreiro do 2020 ás 24h.
Inscrición mesmo día:
- A inscrición poderase realizar tamén o mesmo día do desfile no espazo habilitado no Teatro de Ribadeo (rúa San Roque, 2), de 15.00h ás 16.30h.
DORSAIS. Os dorsais serán entregados entre as 15.30h até as 16.30h á entrada do Teatro.
CONCENTRACIÓN. Todas as persoas participantes no desfile deberán estar na ubicación (na Avda. Rosalía de Castro), que decidirá para elas a comisión organizadora e que comunicará aos participantes, cun mínimo de 15 minutos antes de comezar o desfile.
DESFILE. Para un bo funcionamento do desfile terase moi en conta a fluidez da marcha dos distintos participantes, que deberán seguir as seguintes normas:
- En ningún momento do percorrido poderá haber máis de 15m de distancia entre grupo e grupo.
- As charangas, comparsas, grupos e carrozas non poderán facer máis de 7 paradas de exhibición ao longo do recorrido.
- Cada parada de exhibición non poderá superar os tres minutos de duración.
- Todos os participantes deberán respectar as indicacións dos membros da organización, debidamente identificados ao longo de todo o recorrido.
A SAÍDA DO DESFILE SERÁ ÁS 17:00 HORAS DO DÍA 01 DE MARZO DE 2022.
IMPORTANTE: TODAS AS PERSOAS E GRUPOS PARTICIPANTES DEBERÁN RESPECTAR A NORMATIVA ANTICOVID VIXENTE PARA ESTE TIPO DE EVENTOS.
O non cumprimento destas normas será valorado negativamente polos membros do xurado.
*Queda prohibida a participación de animais no desfile acompañando calquera colectivo, asociación ou participante individual.
XURADO. O concurso terá un xurado composto por 7 membros: 5 vogais; presidenta, (concelleira de Cultura); secretaria (técnica de Cultura) e portavoz dos comerciantes e hostaleiros (xerente de A.C.I.S.A. Ribadeo), estes tres últimos con voz pero sen voto. Os cinco vogais serán persoas, a poderser, procedentes de ámbitos municipais coma o asociacionismo, a cultura, a comunicación, a imaxe, o deseño, etc., e serán nomeadas por Resolución de Alcaldía antes da celebración do evento.
O xurado terá en conta á hora de valorar os participantes:
ORIXINALIDADE: Creatividade e novidade na temática, no vestiario, etc.
ESPÍRITO ENTROIDEIRO: Teatralidade e animación. Humor, interacción co público, retranca, simpatía, e capacidade de sátira. Co fin de conseguir un ambiente festivo que vaia máis alá do simple desfile.
MÚSICA, LETRAS E COROGRAFÍAS : Se utiliza algún instrumento musical valórase máis que a música enlatada. Valórase que as letras sexan orixinais e retranqueiras.
VESTIARIO, MAQUILLAXE: Acabado do vestiario, complexidade, colorido, etc. Maquillaxe coherente co vestiario, vistoso, complexo, etc.
COMPLEMENTOS: Leva algún tipo de complemento que enriqueza a escena.
A decisión do xurado, respecto aos gañadores/as do concurso, será inapelable.
PREMIOS. Para este concurso establécense os seguintes premios por categorías que serán doados
integramente polo Concello:
Para este concurso propóñense os seguintes premios por categorías
- COMPARSAS E/OU CHARANGAS: 1º premio 500€, 2º premio 400€, 3º premio 300€
- CARROZAS: 1º premio 300€, 2º premio 200€, 3º premio 100€
- GRUPOS (mínimo 3 persoas): 1º premio 200€, 2º premio 150€, 3º premio 100 €
- PARELLAS:1º premio 150€, 2º premio 100€, 3º premio 75€
- INDIVIDUAIS: 1º premio 100 €, 2º premio 75€, 3º premio 50€
- PREMIO ESPECIAL Á MELLOR “MASCARITA”: 300€
As persoas/grupos premiados, recibirán o importe en metálico ao finalizar o desfile, tendo que presentar fotocopia do DNI ou do CIF da asociación que representen.
IMPORTANTE:
A contía dos premios superiores a 300€ estará suxeita á retención que marca o RD 439/2007 do 30 de marzo, polo que se aplica a retención do IRPF, que será do 19%.
Así mesmo, as persoas ou grupos premiados cunha cuantia superior a 300€ deberán designar
un “representante” que asinará unha DECLARACIÓN RESPONSABLE asumindo os seguintes termos:
a)Que non se atopa incurso/a en ningunha prohibición para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións públicas das previstas no art. 13.2 da Lei xeral de subvencións.
- b) Que se atopa ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias coa Facenda local, estatal, autonómica e co Concello de Ribadeo.
- c) Que se atopa ao corrente no pago de obrigacións por reintegro de subvencións, nos termos previstos no artigo 21 do Regulamento da Lei xeral de subvencións.
*Xuntamos modelo de DECLARACIÓN RESPONSABLE nas bases.
Canto aos premios nas categorías infantís:
- GRUPOS (mínimo 3 persoas): 1º premio 200€, 2º premio 100€, 3º premio 50€
- PARELLAS: 1º premio 150€, 2º premio 100€, 3º premio 50€
- INDIVIDUAIS: 1º premio 150€, 2º premio 100€, 3º premio 50€
Estes premios só poderán ser cobrados por unha persoa adulta representantes das nenas e nenos.
DISPOSICIÓNS FINAIS. A organización reserva o dereito de modificar algunha destas bases, cando as circunstancias o requiran.A participación no concurso implicará a aceptación das bases.
QUEDA BAIXO A RESPONSABILIDADE DOS/AS PARTICIPANTES NO DESFILE O SEGUIMENTO DA NORMATIVA VIXENTE ANTICOVID PARA ESTES EVENTOS