Black Friday en ACISA Ribadeo

93
Black Friday en ACISA Ribadeo

MÁIS DE 30 ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS A ACISA RIBADEO SE DARÁN CITA DO 22 AO 25 DE NOVEMBRO NO BLACK FRIDAY

HABERÁ DESCONTOS E PROMOCIÓNS ESPECIAIS

Un total de 32 establecementos asociados a Acisa Ribadeo se darán cita do 22 ao 25 de novembro no Black Friday. Durante estes días haberá ofertas moi variadas, nas que predominarán os descontos directos maioritariamente do 20% , pero nalgún caso poderían chegar ata o 50 e o 70%.

Este ano, como novidade, poderán atoparse ofertas que buscan fidelizar á clientela de cara ao Nadal e polas compras que se fagan no Black Friday poderán conseguirse descontos aplicables ás vindeiras compras navideñas, vales de compra, sorteos e regalos directos.

O xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, manifestou que “os comerciantes queren buscar formas alternativas para realizar o Black Friday, non premiando con ofertas nalgún caso, senón motivando e incentivando as compras de Nadal nos seus establecementos con descontos para esas festas. Parécenos unha maneira diferente de realizar o Black Friday e adaptalo cada un o mellor que poida ás súas necesidades”.

Black Friday en ACISA Ribadeo

Pérez explicou que “nestes días poderemos atopar descontos e promocións en roupa, calzado, produtos de informática, óptica, complementos, bodega, agasallos, deporte, unha gran variedade que nos permite aproveitar o Black Friday sen acudir ás grandes plataformas de venda on line. En Acisa somos conscientes de que esta campaña pode xerar controversia ao tirar os prezos un mes antes da de Nadal, sendo algo que empezou como un único día e que as grandes marcas converteron en case un mes de descontos. Para o pequeno comercio o concepto Black Friday, tal e como se está levando a cabo agora en duración e descontos, fai que moitos non poidan realizalo para ser competitivos. Pero desde Acisa tamén cremos que, se queremos dar alternativas á compra on line, debemos adaptarnos, na medida das posibilidades de cada un, porque non se pode negar que é unha campaña demandada pola clientela e que, se non se realiza no pequeno comercio dos nosos pobos, si que estaríamos botando á xente ás mans de internet”.

O xerente de Acisa considera que “tras a campaña de concienciación da fin de semana, temos esperanzas de que este Black Friday sexa bo para os nosos asociados, e esta é posiblemente a primeira proba de fogo sobre elo. Como sempre, facemos un chamamento a comprar no comercio de Ribadeo, no do amigo, o parente e o veciño, fronte ás, as veces fraudulentas, ofertas que podemos atopar por internet”.

Os establecementos que participan nesta campaña de Black Friday de Acisa Ribadeo son: Anais, R23, Opticalia, Bora Bora, Beep, Ginzo, Electronima, Óptica Carreira, Dándara, Bodegas Ribeirao, Platería Gutié, Boutiques Valentina y Del Río, Adele, Naná, Fauna, Bimba, Nina, Mika, Sanjurjo, Esprit, Jatay, Coco, Glass, Pequerrechos, Trece Eventos, Bis a Bis, ¡HOLA!OLA, Mercería Torviso, Docobo, La Moda Hombre e Folder.

  • ANAIS | Zona con un 50% DTO y regalaremos vales descuento para gastar el mes de diciembre.
  • R23 | Descuento de un 20%
  • OPTICALIA | Vales para tus regalos de Navidad…por cada 100€ de consumo consigue un vale de 10€….y además descuentos locos, hasta un 50% en tus gafas de sol!!!!
  • BORA BORA | 20% de descuento.
  • BEEP | Amplia variedad de descuentos.
  • GINZO | Descuentos especiales en todas las prendas.
  • ELECTRONIMA | 25% descuentos en radiadores de bajo consumo y acumuladores, 20% de descuento en iluminación y 20% descuento en material eléctrico.
  • ÓPTICA CARREIRA | Descuentos del 30% en gafas de sol seleccionadas y el 20% en monturas de graduado.
  • DANDARA | 20% de descuento en toda la colección.
  • BODEGAS RIBEIRAO | 10 % de descuento en tienda.
  • PLATERÍA GUTIE | Gran selección de artículos al 50% de descuento y todo al 15% . Además obsequiremos con un vale de 5€ para una prosima compra.
  • BOUTIQUE VALENTINA | 20% de descuento (10% de descuento directo en la compra + 10% adicional en vale de compra para la campaña de navidad.)
  • BOUTIQUE DEL RÍO | 20% de descuento (10% de descuento directo en la compra + 10% adicional en vale de compra para la campaña de navidad.)
  • ADELE | 20 % de descuento en prendas seleccionadas
  • NANÁ | 20 % de descuento en prendas seleccionadas y outlet al 50 y 70 %
  • FAUNA | Premiamos tu compra con vales para navidad e interesantes descuentos en algunos de nuestros productos.
  • BIMBA | Solo el viernes dia 23 con un 20% de descuento en toda la tienda.
  • NINA | 10% de descuento
  • MIKA | 15% de descuento directo y sorteo de 2 vales de 50€ para gastar durante todo el mes de diciembre
  • SAN JURJO | 20% de descuento.
  • ESPRIT | 20% de descuento.
  • JATAY | 25% de descuento los días 23, 24 y 25 de noviembre.
  • COCO | 25% de descuento los días 23, 24 y 25 de noviembre.
  • GLASS | Descuentos especiales.
  • PEQUERRECHOS | 15 %de descuento.
  • TRECE EVENTOS | Regalo de un adorno navideño en DM personalizado con el nombre que quieran por todos los pedidos realizados en estos días.
  • BIS A BIS | Por tus compras un bono regalo.
  • ¡HOLA!OLA | Descuentos especiales.
  • MERCERÍA TORVISO | 20% de descuento.
  • DOCOBO | 20% de descuento.
  • LA MODA HOMBRE | Selección de calzado al 10, 20 y 30 % de descuento, en calzado de hombre.
  • FOLDER | Descuentos especiales.

Black Friday en ACISA Ribadeo