Chega a segunda edición da campaña “A túa fidelidade ten premio”

98
Chega a segunda edición da campaña

CHEGA A SEGUNDA EDICIÓN DA CAMPAÑA A TÚA FIDELIDADE TEN PREMIO, QUE ORGANIZA ACISA RIBADEO

EN TOTAL VANSE REPARTIR 600 EUROS EN VALES DE COMPRA PARA GASTAR NOS ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS

Acisa premia a fidelidade co pequeno comercio sorteando 600 euros en premios entre aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados entre os días 1 e 25 de xuño. O primeiro premio será de 300 euros en vales de compra e haberá outros dous de 200 e 100 euros respectivamente.

Para participar no sorteo desta campaña os clientes deberán realizar compras, sen importe mínimo, en calquera dos establecementos asociados de Acisa, e por cada unha recibirá unha rifa para que a cubra cos seus datos. O establecemento farase cargo de gardar todas as rifas debidamente cubertas e seladas ata que o persoal de Acisa Ribadeo pase recollelas, ao remate da campaña, para celebrar despois o sorteo.

Chega a segunda edición da campaña "A túa fidelidade ten premio"
Cartel “A túa fidelidade ten premio”

Os clientes terán as rifas á súa disposición nos establecementos asociados desde o 1 ao 25 de xuño. Os días 26 e 27 de xuño procederase á recollida das rifas por parte de Acisa para poder celebrar o sorteo non presencial o 28 de xuño nas oficinas da asociación na Avenida de Galicia 20, 2ª planta.

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, subliña que “o que se busca con esta campaña é fidelizar a clientela de Ribadeo no comercio asociado regalando 600 euros, en tres premios de 100, 200 e 300 euros, nunha época na que xa se fan compras de roupa de verán, de praia, xoguetes e complementos veraniegos, e na que á maioría se prepara para as vacacións. O obxectivo de Acisa é dinamizar o comercio e potenciar as ventas, sempre premiando ao consumidor”.

Mañá arrinca a segunda edición da campaña A túa fidelidade ten premio, que foi presentada por Francisco Iriarte, presidente de Acisa, por Mª Antonia López, secretaria da asociación, e por Roberto Rivas, que é vogal do colectivo empresarial.

Iriarte señala que “nesta ocasión o formato é diferente para darlle un toque especial á campaña”. En total son 100.000 as rifas que se repartirán. Xa foron entregadas arredor de 70.000 e aqueles establecementos que as acaben e precisen máis o único que teñen que facer é poñelo en coñecemento de Acisa.

Chega a segunda edición da campaña "A túa fidelidade ten premio"

Descargar as bases do sorteo

pdf Descargar as bases do sorteo “A túa fidelidade ten premio” en formato PDF (129kb)