A.C.I.S.A. E O CCA DE RIBADEO SÚMANSE AOS DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO, QUE ORGANIZAN A FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO E A XUNTA DE GALICIA.
NESTA CAMPAÑA SORTÉANSE IMPORTANTES PREMIOS TANTO PARA CLIENTES COMO PARA COMERCIANTES.
Chegan os Días Azuis do comercio galego a Ribadeo do 16 ao 30 de xuño. Trátase dunha iniciativa da Federación Galega de Comercio e da Xunta de Galicia en colaboración coas federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comercias abertos de toda a comunidade á que se suman A.C.I.S.A. e o Centro Comercial Aberto de Ribadeo.
Nesta campaña poderán participar todos os clientes do comercio de proximidade que merquen nesas datas. Entre eles vanse sortear 16.000 euros en premios, distribuídos en 8 tarxetas prepago regalo de 500 euros cada unha, 20 tarxetas de 300 euros e 40 tarxetas de 150 euros. Eses agasallos deberán ser empregados para volver mercar nos establecementos tradicionais e asociados. O sorteo terá lugar o 5 de xullo ante notario.
O clientes de A.C.I.S.A. Ribadeo poderán participar nesta campaña dos Días Azuis enviando un SMS co texto DÍAS AZUIS, seguido do nome e dos seus apelidos ao 981 099 093 ou rexistrando a compra en www.diasazuis.com ou mesmo desde os propios comercios. Neste caso deberá ser o comerciante o que a través da plataforma www.diasazuis.com/comercios rexistre directamente a operación de compra dos seus clientes. Deste xeito o consumidor duplica a participación para o sorteo. En todos os casos, o cliente debe fotografar e/ou gardar o seu tícket de compra como xustificante.
Ademais paralelamente a esta campaña dirixida aos clientes do comercio, Abanca realiza un sorteo entre todos os comercios que facturen con TPV Abanca ou realicen operacións de financiamento de compra a prazos nas datas comprendidas entre o 16 e o 30 de xuño. Por cada 100 euros de facturación o comercio obterá unha participación. En total sortearanse 4 premios de 1.000 euros cada un (1 por provincia). O sorteo terá lugar por parte de Abanca antes do 5 de xullo e os premios aos comerciantes entregaranse no acto final da presente campaña.
Desde A.C.I.S.A. Ribadeo animan “a todos os comerciantes que poidan participar nesta campaña a facelo, xa que pensamos que é moi beneficiosa tanto para os nosos asociados e asociadas como para os seus clientes, ademais ofrécense para axudar tanto os comerciantes coma os clientes no caso de dubidas”.