Concello de ACISA asinaron o convenio de colaboración que regula a axuda de 16000 euros que recibe a asociación para seguir apoiando ao comercio e ao sector servizos, o consumo en clave local e para levar adiante diversas iniciativas.

5

Concello e Acisa asinaron o convenio de colaboración que regula a axuda de 16.000 euros que recibe a asociación ribadense para seguir apoiando ao comercio e ao sector servizos, o consumo en clave local e para levar adiante diversas iniciativas. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, o xerente de Acisa, Jesús Pérez, e o secretario do Concello, José Rodil. 

O edil explicou que “hoxe asinamos entre Acisa e o Concello de Ribadeo o convenio que regula a axuda de 16.000 euros como achega a esta asociación de comerciantes, industriais, servizos e autónomos e que pretende servir para acadar os obxectivos principais que nos marcamos, que veñen sendo a difusión do noso comercio, a acción formativa e de promoción turística e comercial, tamén iniciativas innovadoras e de transformación dixital e accións de apoio continuado ao comercio local”.

Vizoso Galdo subliñou que “coa sinatura deste convenio amosamos unha vez máis o compromiso do Concello coa actividade asociativa e co sector comercial e de servizos da nosa vila precisamente para que Ribadeo siga sendo un lugar de referencia dun comercio próximo e de calidade e un destino turístico principal”. 

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, agradeceu a colaboración do Concello de Ribadeo: “grazas á firma deste convenio, poderemos desenvolver diferentes accións de dinamización comercial e hostaleira e de promoción comercial e turística, tras os dous anos difíciles que deixamos atrás por culpa da pandemia do covid. Concello e Acisa seguimos a traballar xuntos, algo que sen dúbida algunha é bo para Ribadeo e é bo para os nosos socios e socias”.