Concello e ACISA mantiveron unha xuntanza para aprobar os próximos meses de traballo conxunto en diferentes actuacións relativas ao comercio, á hostelería e ao turismo. A primeira parada é FITUR 2022.

54

Concello de Ribadeo e Acisa mantiveron nas últimas horas unha xuntanza para abordar os próximos meses de traballo conxunto en diferentes actuacións relativas ao comercio á hostalería e ao turismo. No encontro participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Turismo e Comercio, Pablo Vizoso, a técnica de Turismo, Begoña García, a concelleira de Cultura, Pilar Otero, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez.
Segundo informan o encontro de traballo entre ambas entidades buscaba
abordar a axenda dos próximos meses, relativa ás diferentes accións de
comercio, hostalería e turismo que se prevé desenvolver.
De forma inmediata anuncian a presenza de Ribadeo en Fitur, cunha delegación
conformada por representantes do Concello de Ribadeo e de Acisa, que
manterá unha ampla axenda de reunións nos próximos dous días, nos que os
técnicos e representantes ribadenses se encargarán de promocionar Ribadeo
como destino turístico de gran relevancia, ante axencias de viaxes e os
diferentes profesionais asistentes a fería.
Concello e Acisa comezaron os contactos sobre a elaboración do novo convenio
anual de colaboración para unha futura firma do mesmo, que permitirá a
asociación de comerciantes ribadense, a través do financiamento municipal,
desenvolver un gran numero de actuacións de dinamización.
A este respecto, tanto Acisa como o Concello destacan o compromiso e a
intención para a realización do mellor Ribadeo Indiano posible neste 2022,
sempre que as circunstancias o permitan e adaptado ás mesmas. Ambas
entidades teñen consignado presuposto para dito evento e amosan o seu
desexo de que neste novo ano se poida celebrar, polo que nas vindeiras
semanas comezarán os primeiros contactos ao respecto.

Concello e Acisa reafirman a súa intención de traballar cóbado con cóbado
durante este 2022, co fin de promocionar Ribadeo como destino turístico
singular e dinamizar o seu comercio e a súa hostalería.