Convenio coa empresa de transportes TIPSA

351
Convenio coa empresa de transportes TIPSA

ACISA RIBADEO ASINOU UN CONVENIO COA EMPRESA TIPSA PARA OFRECER CONDICIÓNS MÁIS VANTAXOSAS NAS TARIFAS DE TRANSPORTE DE PAQUETES AOS SEUS ASOCIADOS.

Acisa Ribadeo ven de asinar un convenio coa empresa de transportes TIPSA para ofrecer condicións máis vantaxosas nas tarifas aos socios e socias nas tarifas de transporte de paquetería.

A sinatura tiña lugar o pasado nas oficinas de asociación de comerciantes ribadense, entre seu o presidente, David Martínez, e o representante comercial de TIPSA, David López Pardo

O presidente de Acisa, David Martínez, salientou que “coa firma deste convenio pretendemos dende a asociación dar un apoio fundamental aos comerciantes, dado que son moitos os envíos que realizan. Asinar un convenio de colaboración cunha empresa de transportes supón unha gran axuda, xa que os asociados terán uns prezos moito máis vantaxosos que os non asociados”.

Convenio coa empresa de transportes TIPSA | Firma

Martínez engadiu: “dende Acisa consideramos que todos os convenios que se asinan, pero en especial no sector do transporte, son un bo reclamo para a captación de socios, por ser unha ferramenta moi útil para eles”.

O presidente de Acisa subliñou que “o convenio que se asina é unha oferta exclusiva que se realiza á asociación de comerciantes para que os seus socios se beneficien dela. Dende que caducou a vixente hai pouco máis dun mes, a nosa xerencia ven traballando intensamente para poder asinar o convenio máis axeitado e beneficioso”.

David Martínez detallou que “o convenio inclúe diferentes tipos de tarifas segundo o período de entrega, recollida, destino, cun considerable desconto en relación coa tarifa estándar que aplica aos non socios, ademais doutros servizos como multisobres de seguridade, etc”.

O presidente dos comerciantes e hostaleiros de Ribadeo engadiu que “o convenio se poderá consultar na web da asociación e os socios serán informados directamente das novas prestacións que teñen a seu servizo”.